Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Matías Díaz-Padrón ofrece na Casa de Galicia a conferencia "Unha visión de Santiago Apóstolo na pintura"

O doutor en Historia da Arte e conservador do Museo do Prado participou no Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos
Madrid, 26 de novembro de 2014.

A representación da figura do Apóstolo Santiago na pintura a través do tempo foi obxecto da conferencia que Matías Díaz-Padrón, doutor en Historia da Arte e conservador do Museo do Prado, ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, "Unha visión de Santiago Apóstolo na pintura". Tivo lugar dentro do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos que se desenvolve ao longo da semana en colaboración coa Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid.

Acompañaron ao conferenciante, o presidente da Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid, José Antonio Ortíz, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen deu paso á terceira conferencia do ciclo e resaltou o "bo paso" co que está a marchar esta edición, a décimo cuarta, do Seminario.

Ortíz presentou ao conferenciante destacando do seu extenso currículo, vinculado á pintura, que se doutorou coa tese "Pintura Flamenca do século XVII en España", foi conservador xefe de Pintura Flamenca e Holandesa do Museo del Prado e que fixo grandes descubrimentos en atribucións dalgúns cadros a épocas e pintores. Na actualidade é conselleiro técnico da dirección do Museo del Prado, membro investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e director do Centro de Investigación de Pintura Flamenca Institut Moll e ten máis de catrocentas publicacións en revistas científicas nacionais e internacionais.

Díaz-Padrón serviuse dunha seleccionada colección de diapositivas de prestixiosas obras pictóricas para mostrar aos presentes como evolucionou a representación da figura de Santiago na pintura dende o Románico ata o século XVIII e as sensibilidades con que foi abordada por pintores de España, Francia e Flandes. Entre eles, Rubens e Rivera, que segundo o conferenciante "son esenciais".

Algunhas delas de obras pouco coñecidas, na que se lle representa coa Virxe do Pilar, e outras batallando contra os mouros. "A figura de Santiago Apóstolo alcanza unha concepción universal e a pintura responde á vivencia dese sentimento e a súa presenza en España, no Camiño de Santiago" referiu Díaz-Padrón, quen tamén aludiu a "unha explosión en toda a iconografía europea".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes