Medios

  • (2848x4288px., 992 Kb.)
  • (2848x4288px., 1179 Kb.)
  • (2848x4288px., 838 Kb.)
  • (2848x4288px., 1080 Kb.)
  • (2848x4288px., 1027 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

"Luces do Atlántico", piano e gaita para celebrar o "Día das Letras"

A delegación da Xunta en Madrid ofreceu un singular concerto para o ano de Paz-Andrade que contó con la asistencia de cerca de dos centenares de personas
Madrid, 17 de maio de 2012

No repertorio non faltaron nin a Negra Sombra, María Soliña ou A Maruxa, xunto con baladas e danzas interpretadas por Luis Celada Álvarez ao piano cuxo son se fundiu co que xurdía, -segundo as pezas-, da gaita, a frauta de pico, os whistles e a ocarina de Javier Celada Quintanilla.

"Nunca escoitara esta combinación de instrumentos pero encantoume", dixo unha moza espectadora que felicitou a iniciativa, "eu anímovos a que fagades máis apostas deste tipo". En cambio, de entrada, non todo o mundo estaba predisposto, como lle aconteceu a un pontevedrés de mediana idade: son dos que se deixa caer pola Casa sempre que pode, e teño que recoñecer que ao principio tiña as miñas reservas. Gaita e piano... mmm... non é habitual, pero estou gratamente sorprendido polo resultado". Estas eran algunhas opinións escoitadas tras o concerto, que contou coa asistencia de preto de dous centenares de persoas.
O acto presidiuno o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, e nel interveu tamén o coordinador de Actividades, Ramón Jiménez.

Ónega recordou que o día está dedicado a Valentín Paz-Andrade e del leu un breve currículo e sinalou que era "emprendedor, creador literario e analista económico, que concibiu unha transformación posible a partir do estudo dos datos, recompilados e interpretados dun xeito rigoroso. A través del comprobamos como a mente creadora, a investigadora e a do empresario con miras elevadas representan aquilo ao que Galicia aspira, sustentada nas súas capacidades individuais e sociais e na riqueza que posúe, sobre á cal podemos construír a nosa calidade de vida, na responsabilidade e na apertura á obra común, que nos beneficia como conxunto indivisible", tal como recolleu a Xunta de Galicia na súa declaración institucional do homenaxeado Paz-Andrade, que soubo “desenvolver con mestría innumerables facetas, dende a poesía ao periodismo, co ensaio e a crítica sumadas nun home que o viviu todo con intensidade infatigable".

En Madrid, o  "Día das Letras Galegas" é cada vez máis coñecido e todo o relacionado con Galicia adoita contar cunha gran simpatía xeral e moi boa acollida. Case dous centenares de persoas, de todas as idades, desbordaron o aforamento da Casa, o que é unha boa mostra do éxito, así como o foron as amplas ovacións e prolongados aplausos que recibiron os Celada (que son pai e fillo e de familia de músicos). Javier Celada Quintanilla, que sendo neno xa se iniciara co chelo cambiou de opinión despois de escoitar os sons dunha gaita, rompendo a longa tradición de música clásica familiar e decantando a súa carreira polos instrumentos de vento.

Para os intérpretes, esta actuación, Luces do Atlántico, "é unha magnífica oportunidade para apreciar os sons da gaita en simbiose e perfecta harmonía co piano. Queriamos mostrar un camiño cheo de posibilidades que aínda quedan por descubrir para a gaita contemporánea e esperamos telo conseguido, especialmente pensando nos novos compositores e creadores".


No concerto resultou especialmente emotiva a interpretación da Negra Sombra e da Suite "Luces do Atlántico" coas pezas Amanecer en Fisterra; Cabo Home no Solpor e Danzas do Mar Silleiro, ademais de varios bis, nos que non faltou o himno galego que foi acompañado por algunhas emocionadas voces de moitos asistentes. 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes