Medios

  • (3456x5184px., 1829 Kb.)
  • (3456x5184px., 820 Kb.)
  • (3456x5184px., 1168 Kb.)
  • (3456x5184px., 1384 Kb.)
  • (3456x5184px., 1250 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O esplendor celta recreouse hoxe na Casa de Galicia en Madrid, coa colaboración do colectivo " Amigos da Cultura Celta"

Na mesa redonda "O celtismo e a identidade do pobo galego" e na vistosa cerimonia desenvolvida no III Encontro de Amigos da Cultura Celta
14 de xuño de 2012

O esplendor da cultura celta recreouse hoxe na Casa de Galicia en Madrid na que resultou unha longa e exitosa reunión a través da mesa redonda "O celtismo e a identidade do pobo galego", organizada coa colaboración do colectivo Amigos da Cultura Celta, na que interviñeron como relatores o director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Antonio Bonet Correa, e o catedrático de Prehistoria da Universidade de Alicante, Alberto José Lorrio Alvarado, e como moderador o anticuario da Real Academia da Historia, Martín Almagro Gorbea, acompañados do director da Casa e delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, na súa calidade de anfitrión.

Madrid, 14 de xuño de 2012. - O esplendor da cultura celta recreouse hoxe na Casa de Galicia en Madrid na que resultou unha longa e exitosa reunión a través da mesa redonda "O celtismo e a identidade do pobo galego", organizada coa colaboración do colectivo Amigos da Cultura Celta, na que interviñeron como relatores o director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Antonio Bonet Correa, e o catedrático de Prehistoria da Universidade de Alicante, Alberto José Lorrio Alvarado, e como moderador o anticuario da Real Academia da Historia, Martín Almagro Gorbea, acompañados do director da Casa e delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, na súa calidade de anfitrión.

Unha primeira parte da reunión á que seguiu o III Encontro de Amigos da Cultura Celta, na que este colectivo desenvolveu unha vistosa cerimonia de recibimento a novos membros, todos eles distinguidos académicos e especialistas na cultura celta, aos que impuxo a Beca verde que lles distingue e lles entregou o diploma acreditativo.

A pesar de celebrarse ao mesmo tempo o encontro futbolístico entre España e Irlanda, da Eurocopa, o evento convocou na Casa máis dun centenar de persoas, entre as que había preto dunha vintena de catedráticos de diversas universidades españolas.

Na mesa de debate, Bonet falou sobre o claro do bosque como lugar de contacto coa divindade nos pobos celtas e a arquitectura druídica e as súas diferenzas coas construcións do mundo clásico en tanto que signos de identidade de dúas culturas distintas. Pola súa banda, Lorrio disertou sobre os elementos celtas no noroeste de Iberia, nos que a lingüística, segundo expuxo, xoga un papel importante. "A relación do Noroeste de Iberia cun poboamento celta a finais da Idade do Ferro foi establecida dende finais do século XIX. Non obstante, só nos últimos anos se produciu unha análise crítica. As posicións que hoxe existen respecto ao tema céltico no Noroeste están lonxe de alcanzar un consenso", explicou. Almagro Gorbea falo de que é e como se coñece a identidade dun pobo como o galego, a través dos elementos que compoñen a súa cultura, interrrelacionados nun proceso de transformació "diacrónica, no que acontecen cambios" temporais, internos e externos, aínda que tamén perduran tradicións de "longa duración".

III Encontro de Amigos da Cultura Celta

O III Encontro de Amigos da Cultura Celta comezou cunha breve presentación do coordinador do colectivo, José Cerdeira Taboada, quen explicou que este xurdiu dentro da Orde da Vieira para potenciar e difundir as raíces celtas de Galicia e para estreitar os lazos con outros pobos de orixe celta, á que seguiu a entrada en procesión dos seus membros máis destacados.

Continuou coa cerimonia de entrega de distincións a destacados escritores. Sete foron os académicos distinguidos por parte deste colectivo. Cinco fórono como Amigos da Cultura Celta:

  • Alfredo Jimeno Martínez, profesor titular do Departamento de Prehistoria da Universidade Complutense de Madrid. Desenvolveu un amplo labor investigador na Protohistoria da Meseta, dende a Idade do Bronce ata a Romanización, plasmadas en numerosas publicacións. Dende 1994 é director do Plan Arqueolóxico de Numancia, un dos depósitos de maior interese arqueolóxico.
  • Jesús Rafael Álvarez Sanchís, profesor titular do Departamento de Prehistoria da Universidade Complutense de Madrid, que realizou a súa tese sobre os Vettones, coa máxima cualificación Premio Extraordinario do Doutorado. Codirixiu importantes depósitos celtas en España e Francia. Está considerado como un dos máis destacados expertos no patrimonio arqueolóxico de Ávila, Salamanca e norte de Portugal. É membro de número da institución "Gran Duque de Alba".
  • Gonzalo Ruiz Zapatero, catedrático do Departamento de Prehistoria da Universidade Complutense de Madrid. É presidente da Sociedade Española de Historia da Arqueoloxía e coordinador do Máster de Arqueoloxía Prehistórica da Universidade Complutense. Entre as súas liñas de investigación figura a Arqueoloxía e Historiografía do Mundo Celta.
  • Luis Berrocal Rangel, profesor acreditado a Catedrático da Universidade Autónoma de Madrid. A súa tese doutoral, con Premio Extraordinario, versou sobre a identidade arqueolóxica duns, ata entón pouco coñecidos, pobos "celtas" do sueste peninsular, habitantes pre-romanos do occidente de Extremadura e do Alentejo Portugués. Dirixiu numerosas escavacións arqueolóxicas de pobos hispano-celtas. É Académico Correspondente da Real Academia da Historia.
  • José Alberto Lorrio Alvarado, catedrático de Prehistoria da Universidade de Alicante. A súa tese doutoral, que mereceu Premio Extraordinario, versou sobre "os celtiberos: Etnia e Cultura". Participou en numerosas escavacións sobre depósitos céltico en España e Francia. É Académico Correspondente da Real Academia da Historia.

A outros dous entregáronlles os diplomas " ad honorem", os primeiros outorgados a título de honra. Recibíronos:

  • Antonio Bonet Correa, director da Real Academia de Belas Artes San Fernando, catedrático de Historia da Arte Española e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Cáceres. Foi vicereitor da Universidade Complutense, vicepresidente do Instituto de España e presidente da Asociación Española de Críticos de Arte. Entre outras distincións, é membro correspondente das Reais Academias de Belas Artes de Portugal, da República Arxentina, de Santa Isabel de Hungría de Sevilla e titular honorario da Academia Rusa de Belas Artes e, ademais, Medalla de Ouro do Círculo de Belas Artes.
  • Martín Almagro Gorbea, Anticuario da Real Academia da Historia e catedrático de Prehistoria. Especialista en Protohistoria da Península Ibérica e de Europa Occidental, Tartesios; Cultura Ibérica: Arqueoloxía Clásica, Arqueoloxía Fenicia; Procesos de Aculturización e Etnogénesis de los Galaicos. Entre outras responsabilidades, foi director da Escola Española e Arqueoloxía en Roma, director do Museo Arqueolóxico Nacional e, actualmente, académico Anticuario da Real Academia da Historia.

Finalmente, os Amigos da Cultura Celta anunciaron, a través da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Blanca García Fernández-Albalat a celebración do IV Encontro da Cultura Celta, que terá lugar na Bretaña francesa a finais de setembro, e a próxima presentación nesta Casa do libro sobre a cultura celta "Seguindo ao Sol.. " do xornalista galego Gabriel Fraga de Cal, luxosamente editado pola Deputación Provincial da Coruña, en texto bilingüe: inglés e español.

O acto finalizou cunha actuación musical a cargo do Mestre Carracedo e de José Muiña e a interpretación da Marcha Celta, por dous gaiteiros da Xuntanza de Alcobendas. Os membros de Amigos da Cultura Celta retiráronse da sala en procesión, igual que entraron.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes