Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

As marcas de gourmet máis innovadoras e unha novela compartieron espacio na Casa de Galicia

No acto "O Mar, a inspiración dos novos emprendedores", organizado por Summum Delicatessen
21 de novembro de 2013

A Casa de Galicia-Delegación da Xuntade Galicia en Madrid, acolleu hoxe o evento "O Mar, a inspiración dos novos emprendedores", organizado por Summum Delicatessen, firma galega especializada a comercialización das marcas gourmet máis innovadoras, entre as que destacan ConservasSiccas, Conservas Chanquete, Obrador de Lamprea e Bodega Corisca. Tamén se presentou a novela "Finis Terrae" do escritor novel Adolfo Valverde Quintas.

Madrid, 21 de novembro de 2013. - A Casa de Galicia-Delegación da Xuntade Galicia en Madrid, acolleu hoxe o evento "O Mar, a inspiración dos novos emprendedores", organizado por Summum Delicatessen, firma galega especializada a comercialización das marcas gourmet máis innovadoras, entre as que destacan ConservasSiccas, Conservas Chanquete, Obrador de Lamprea e Bodega Corisca. Tamén se presentou a novela "Finis Terrae" do escritor novel Adolfo Valverde Quintas.

No acto fusionáronse a literatura e a gastronomía galegas. Foi presidido polo delegado da Xuntaen Madrid, José Ramón Ónega, e conducido por Elena Pérez Pardo, directora xerente de Summum Delicatessen, que presentou a novela e os produtos gastrónomo máis innovadores a profesionais do sector e a medios de comunicación. Nel interviñeron, ademais, Begoña Pérez,directora xerente de Obrador de Lamprea, J.MiguelGiráldez,responsable de comunicación de Conservas Chanquete, Teresa Juanes,xerente de Conservas Siccas, Natalia Rodríguez,xerente de Bodega Corisca, e o escritor Adolfo Valverde. Finalizada a presentación ofreceuse unha degustación dos produtos das citadas marcas.

Ónega destacou a traxectoria de Elena Pérez Pardo, "nova e destacada empresaria que demostrou xa un camiño importante e eficaz co desenvolvemento dunha iniciativa empresarial de grande éxito", recordando que fai xa dous anos que tamén presentou os seus produtos na Casa e dando a benvida aos desta ocasión. Ademais, fixo referencia á forza narrativa de Valverde Quintas.

"Summum Delicatessen xunta o máis emblemático e instaurado produto gourmet galego con produtos que acheguen novidade ao mercado das delicatessen e que conten, como premisa fundamental, coa súa excelente calidade e coidado proceso de elaboración que unen o tradicional ao servizo da innovación", sosteñen os responsables desta firma.

Albariño ecolóxico

Natalia Rodríguezexplicou que Bodegas Coriscaé "unha pequena adega que se encontra na subzona do condado de Tea, dentro da D.O. Rías Baixas, sendo a primeira e única que elabora unha produción limitada dun albariño100% ecolóxico que combina de xeito único a terra, o clima e a variedade autóctona que dá orixe ao noso excepcional terroir". É a segunda xeración dunha tradición familiar vitivinícola, que ademais se preocupa por cultivar dun xeito responsable e sostible co medio co certificado polo Conselo Regulador de Agricultura Ecolóxicade Galicia.

Chanquetes salvaxes

Conservas Chanquetes, son tres emprendedores vigueses pioneiros salvaxes en delicatessen de lorcho salvaxe (Aphiaminuta), sendo "os primeiros en elaborar de xeito artesanal os pementos de piquillorecheos de lorchos, unha idea madein Galicia que xorde da tradición mediterránea de comer os lorchos en fritura acompañados de pementos asados" e como destacou o seu responsable de comunicación, J.MiguelGiráldez, "esta exclusiva conserva gourmet condensa esencias da dieta mediterránea nunha maridaxe harmoniosa entre a horta e o mar".

Bonito con trufa negra

"A receita, que parece sinxela, foi o final feliz dunha coidada elaboración á que se chega coidando o detalle", explica Teresa Juanes, xerente de Conservas Siccas,e engade "a grandeza da sinxeleza do bonito e das trufas negras en aceite de oliva, ingredientes que expertamente combinados nos permiten poñer á súa disposición, non un prato máis, senón outra achega de gala culinaria".

Lamprea

Despois de tres xeracións dedicadas á restauración e elaboración da lamprea, Begoña Pérez, creou Obradoiro de Lamprea, aplicando a experiencia e tradición na elaboración dun produto que se inicia afumando a lamprea con labra de carballo nun proceso puramente artesanal para un produto innovador. A xerente afirma "somos artesáns e profesionais dedicados a afumar e cociñar a lamprea rechea afumada, dirixida ao mercado gourmet e a todos os amantes do bo comer".

Finis Terrae

O ámbito, as xentes e a paisaxe de Fisterraforon a fonte de inspiración definitiva para Adolfo Valverde, un enxeñeiro de Baiona, e escritor vocacional, para escribir a súa primeira novela, que leva por título "Finis Terrae. O home circunstancial". Unha obra, que viu a luz da man de Edicións Oblicuas, de Barcelona.
O autor, enxeñeiro de profesión, explicou que vía a Literatura como un couto para literatos, ata que se decidiu a internarse nese mundo con esta obra, que se divide en tres bloques: o sentimento do emigrado, a circunstancialidade o choque de vivencias dun individuo mariñeiro na gran cidade.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes