Medios

  • (2848x4288px., 869 Kb.)
  • (2848x4288px., 777 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O responable da organización do Desfile de San Patricio en Nova York visita la Casa de Galicia en Madrid

Foi recibido polo delegado da Xunta, José Ramón Ónega, e unha representación do Club de Amigos da Cultura Celta
19 de decembro de 2011

 O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, e unha representación do Club de Amigos da Cultura Celta -xurdido dentro da Orde da Vieira-, composta por Francisco Cal Pardo, Carlos de Blas e José Luis Rodríguez recibiron hoxe na Casa de Galicia en Madrid ao presidente da entidade que organiza o Desfile de San Patricio, en Nova York, John Dunleavy, que se acha de visita en Madrid e chegou acompañado de Tony Sánchez.

Madrid, 19 de decembro de 2011. - O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, e unha representación do Club de Amigos da Cultura Celta -xurdido dentro da Orde da Vieira-, composta por Francisco Cal Pardo, Carlos de Blas e José Luis Rodríguez recibiron hoxe na Casa de Galicia en Madrid ao presidente da entidade que organiza o Desfile de San Patricio, en Nova York, John Dunleavy, que se acha de visita en Madrid e chegou acompañado de Tony Sánchez.

Ónega mostrou a Dunleavy as instalacións da Casa, na que recibiu dos representantes do Club de Amigos da Cultura Celta os atributos desta asociación: a beca, de cor verde, que recorda os campos de Irlanda e de Galicia e representa o espírito de estudo desa cultura, o colgante a xeito de troque e un diploma de agradecemento. Á súa vez, Dunleavy entregou aos seus antitriones a insignia da súa entidade e unha placa conmemorativa.

A Orde da Vieira participou no Desfile de San Patricio no ano 2008, ocasión na que entregou a Dunleavy un diploma "de gratitude e admiración pola súa entusiasta e longa traxectoria de dedicación a manter a tradición no Desfile de San Patricio, que propicia o irmandamento dos pobos, en especial os de orixe celta".

As vivencias daquel desfile impulsaron á Orde da Vieira a celebrar un capítulo extraordinario en Irlanda dedicado á cultura celta, que espertou especial interese entre un colectivo da Orde e origió o Club de Amigos da Cultura Celta, que xa celebrou varios encontros e integra a un significado grupo de expertos das raíces celtas en varios países, entre eles agora co propio Dunleavy.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes