Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A rede de avogados Iurisgal Inolf e Aegama celebran na Casa de Galicia unha xornada de orientación en asuntos internacionais

Iurigal ten asociados en 35 países, nos que atende en español
Madrid, 3 de xuño de 2016.

A rede internacional de avogados Iurigal Inolf, cuxa finalidade é orientar ás pequenas e medianas empresas nos seus procesos de internacionalización, e a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) celebraron hoxe na Casa de Galicia en Madrid un encontro no que participaron avogados de máis de 20 países, algúns tan afastados como Australia e Chile. O obxectivo do encontro foi orientar aos asociados de Aegama interesados en temas internacionais, conectándolles cos seus representantes nos países aos que desexan acceder.

A xornada iniciouse cun saúdo de benvida do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, en tanto que anfitrión, ao que continuaron as intervencións do presidente de Aegama, Julio Lage González, e do presidente de Iurisgal, Blas Rivas Alejandro, tras as que comezaron a entrevistas profesionais obxecto do encontro.

A reunión servirá para deseñar estratexias co fin de que as pequenas e medianas empresas poidan executar os seus plans de internacionalización, tanto de exportación dos seus produtos como de investimento no estranxeiro, con seguridade na súa actuación.

Ademais, os empresarios tiveron oportunidade de intercambiar opinións co colectivo de xuristas, expertos en cuestións internacionais de diferentes países e que conta co elemento fundamental e diferencial de que todos eles comunícanse en castelán e entenden a cultura hispana.

A Rede internacional de avogados Iurigal Inolf conta con 35 bufetes asociados en todo o mundo. Os últimos en incorporarse foron os de Rusia, Australia, Israel e Emiratos Árabes Unidos e ten importantes representacións en países como Chile, Brasil e EE. UU. En España está dirixida polo despacho galego Rivas&Montero Bufete de Avogados. É a primeira e única rede internacional de avogados independentes que está presente en catro continentes e que ten ao español como idioma oficial de comunicación.

"Que todos os integrantes da rede falen español -sinala o seu coordinador, Blas Rivas Alejandro- faia diferente a calquera outra similar, de tal forma que os nosos clientes, especialmente as PEMES, poden recibir asistencia xurídica no noso idioma en case calquera parte do mundo. O certo é que non existe ningunha outra igual"

 

 

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes