Medios

  • (2848x4288px., 767 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O Colexio de Avogados de Madrid convoca letrados de todo o mundo na Casa de Galicia

Con ocasión da celebración dos seus Encontros en Madrid, a actividade internacional máis relevante que organiza o Colexio
15 de xuño de 2012

O Colexio de Avogados de Madrid convocou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a avogados de todo o mundo con ocasión dos seus Encontros en Madrid, a actividade internacional máis relevante que organiza o Colexio, na que participan os máximos representantes de Colexios de Avogados de todo o mundo, principalmente de Europa, Asia e Iberoamérica, para departir sobre temas de actualidade de interese común. Nesta ocasión os Encontros, que se están a celebrar os días 14, 15 e 16 de xuño, están orientados a Galicia.

Madrid, 15 de xuño de 2012. - O Colexio de Avogados de Madrid convocou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a avogados de todo o mundo con ocasión dos seus Encontros en Madrid, a actividade internacional máis relevante que organiza o Colexio, na que participan os máximos representantes de Colexios de Avogados de todo o mundo, principalmente de Europa, Asia e Iberoamérica, para departir sobre temas de actualidade de interese común. Nesta ocasión os Encontros, que se están a celebrar os días 14, 15 e 16 de xuño, están orientados a Galicia.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, dirixiulles unha palabras de benvida, que foron correspondidas polo decano do Colexio de Avogados da Coruña, Antonio Platas, e polo deputado da Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Madrid Juan Antonio Cremades, en representación do seu decano, Antonio Hernández-Gil.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes