Ana Pastor, galardoada co Castiñeiro de FAGAMA

Ao acto de entrega asistiu en representación institucional o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López
Madrid, 16 de novembro de 2019

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid, FAGAMA entregou a súa máxima distinción a Ana Pastor no transcurso dun xantar que se celebrou para conmemorar o "VI Magosto de FAGAMA", nun restaurante da localidade madrileña do Pardo. Ao acto, ao que acudiron preto de 250 persoas, asistiu o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega como representación institucional.

O recibimento dos invitados fíxose, como xa é habitual, cos sones da música tradicional e que nesta edición correu a cargo da agrupación do Centro Galego de Madrid.

A presentación do acto de entrega realizouna o secretario de FAGAMA, Fernando Gómez, quen enumerou algunhas das moitas responsabilidades de Ana Pastor. O presidente de FAGAMA, Ovidio Cadenas foi o encargado da entrega. Pola súa banda Ana Pastor agradeceu "moi sinceramente a distinción e máis teniendo en cuenta que vén dos meus propios paisanos", e destacou a "unión e camaradería" que existe entre todas as asociacións da colectividade galega en Madrid, "todo un exemplo".

O delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega lembrou os anos nos que Ana Pastor estivo no Ministerio de Interior, onde coincidiron nunha etapa "dura pero moi ilusionante e onde traballamos moito".

A xornada festiva incluíu baile e castañas ata ben entrada a tarde.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes