Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Conde destaca o labor da Casa de Galicia en Madrid para que a Comunidade galega sexa vista como "unha terra de oportunidades"

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Madrid á clausura das actividades do ano 2016 desta entidade da que subliñou o seu papel de embaixadora da Marca Galicia. Durante o acto, entregáronse distincións a nove personalidades que destacan pola súa traxectoria e o seu afecto a Galicia
Madrid, 15 de decembro de 2016.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado da presidenta da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, Pilar Rojo, presidiu esta tarde en Madrid a clausura das actividades deste ano da Casa de Galicia, da que destacou o seu papel de embaixadora e catalizadora da Marca Galicia na capital de España, contribuíndo a facer que Galicia sexa vista como "unha terra de oportunidades".

Conde agradeceu ao director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, o labor desta entidade, que organizou este ano 215 actos, ao tempo que atendeu desde Madrid, onde  están censados ao redor de 78.000 galegos e galegas, máis de 3.000 consultas sobre información turística de Galicia.

Neste sentido, afirmou que a Casa de Galicia está axudando a proxectar ao mundo a historia, a cultura e o saber facer do tecido empresarial galego. "A Galicia do século XXI segue sendo unha terra acolledora, pero tamén é unha Galicia universal que cree na internacionalización das súas empresas, que está comprometida coa innovación e as novas tecnoloxías, e que aposta polo talento xuvenil", sinalou o conselleiro, quen engadiu que os principais indicadores constatan o crecemento da economía galega, mellorando as cifras de exportación de 2015, cando se acadou o récord histórico en Galicia, e cun crecemento anual do PIB galego do 3%.

Conde, ao igual que o director da Casa de Galicia, tamén fixo fincapé no traballo que levan a cabo, entre outras entidades, a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), a Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega), a Asociación de Xuristas Galegos de Madrid (Iurisgama), o Club de Periodistas Galegos, a Orde da Vieira, a asociación de Galegos de Alcobendas, e a Federación de Asociacións Galegas de Madrid (Fagama).

Durante o acto de clausura das actividades en 2016, presentado por Silvia Jato, a Casa de Galicia tamén entregou distincións a nove personalidades destacadas en ámbitos como o cultural, o xurídico e o económico, tanto pola súa traxectoria profesional como polo seu afecto a Galicia e a súa Casa de Galicia.

En concreto, os galardoados deste ano foron o presidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera; o meteorólogo de TVE Martín Barreiro Carreira; o presidente da Sección Oitava da Audiencia Provincial de Madrid, Jesús Gavilán López; o notario Victorio Magariños Blanco; o cardeal-arcebispo de Madrid, Carlos Osoro Sierra; o embaixador da República de Serbia en España, Danko Prokic; o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Francisco Real Castro; o procurador Argimiro Vázquez Guillén; e o periodista e presidente de QSD Global, Francisco Lobatón Sánchez de Medina.

 

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes