Iurisgama entrega a súa Insignia de Oro ao decano do Colexio de Avogados da Coruña, Augusto José Pérez-Cepeda

Nun acto celebrado na Casa de Galicia en Madrid
Madrid, 12 de maio de 2016

A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama), que preside o avogado e catedrático de Dereito Mercantil Carlos Lema Devesa, entregou hoxe a súa Insignia de Ouro ao decano do Colexio de Avogados da Coruña, Augusto José Pérez-Cepeda Vila, en recoñecemento "á súa destacada defensa da Avogacía en Galicia e en España, así como o seu decidido apoio aos fins e actividades" da Asociación. Fíxoo nun acto celebrado na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, que contou coa participación do presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, do director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza do Goberno de España, Ricardo Conde Díez, do presidente do Iurisgama, do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López, anfitrión do acto, e do propio homenaxeado, que estiveron acompañados na mesa por o director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín Álvarez.

Entre os asistentes ao acto estaban a presidenta do Colexio da Avogacía de España, Vitoria Ortega Benito, o expresidente do Tribunal Constitucional Pascual Sala Sánchez, o expresidente da Sala Primeira do Tribunal Supremo José Ignacio Sierra Gil de la Cuesta e os membros da Xunta de Goberno do Colexio de Avogados da Coruña.

Ónega, tras as súas palabras de benvida, destacou "o importante labor dos juristas galegos en Madrid" e evocou as palabras de Horacio cando dicía que "a xustiza, aínda que anda cojeando, non deixa de alcanzar ao criminal na súa carreira".

Tras a súa intervención, o secretario de Iurisgama, Jesús Gómez Montero, leu o acta de concesión da Insignia de Ouro da Asociación a Pérez-Cepeda -unha proposta do presidente aprobada por unanimidade- e Lema Devesa fixo a "laudatio" do homenaxeado e impúxolle a Insignia de Ouro da Asociación. Lema destacou na presentación do homenaxeado que reúne sobradamente todas as virtudes do bo avogado e "cumpre coa definición de avogado que nos deixou fai miles de ano Cicerón", isto é: "O avogado é o home virtuoso, destro na arte de falar ben e que sabe usar a perfecta elocuencia para defender as causas públicas e privadas".

Pérez-Cepeda agradeceu a Iurisgama "este recoñecemento por parte dunha Asociación cun labor intachable no campo xurídico e cun gran traballo realizado durante os seus vinte anos de vida. É realmente loable a súa dedicación e compromiso para configurarse como un punto de encontro para os naturais de Galicia que participan dunha ou outra maneira na Xustiza en Madrid, sendo referente para galegos e españois pola súa profesionalidade e actividade". Ata o momento só outros dous xuristas recibiron a Insignia: Jesús Palmou Lorenzo, exconselleiro de Xustiza da Xunta de Galicia, e Antonio Platas Tadense, anterior decano do Colexio de Abodados da Coruña.

Conde Díez, que interveu en representación do ministro de Xustiza en funcións, Rafael Catalá, que non puido acudir por razóns de axenda, fixo referencia ás reformas lexislativas que tiveron lugar nos últimos anos afirmando que "moitas delas non fosen posible sen a colaboración da avogacía, a través dos seus colexios profesionais, entre eles o da Coruña".

Romay Beccaría destacou que Pérez-Cepeda percorreu todos os banzos profesionais do Colexio de Avogado da Coruña, resaltando que a eles "accédese sempre co voto dos compañeiros". O presidente do Consello de Estado clausurou o acto, que se pechou co Himno de Galicia.

 

 

 

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes