Medios

  • (2848x4288px., 881 Kb.)
  • (2848x4288px., 924 Kb.)
  • (2848x4288px., 1035 Kb.)
  • (2848x4288px., 1061 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O ilusionista pontevedrés Luis Boyano entusiasmó ao público de Madrid con "Asombrosamente incrible" , na Casa de Galicia

O espectáculo incluíu o número co que o mago foi galardoado co Premio Nacional e Mundial de Maxia
18 de abril de 2012

O recoñecido ilusionista pontevedrés Luis Boyano entusiasmou hoxe ao numeroso público que enchía as instalacións da Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, onde ofreceu o espectáculo teatral de maxia e humor "Asombrosamente incrible", que ofreceu ao público non só a oportunidade de gozar senón tamén a de participar activamente durante toda a actuación. O espectáculo incluíu o número co que Boyano foi galardoado co Premio Nacional e Mundial de Maxia.

Madrid, 18 de abril de 2012. - O recoñecido ilusionista pontevedrés Luis Boyano entusiasmou hoxe ao numeroso público que enchía as instalacións da Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, onde ofreceu o espectáculo teatral de maxia e humor "Asombrosamente incrible", que ofreceu ao público non só a oportunidade de gozar senón tamén a de participar activamente durante toda a actuación. O espectáculo incluíu o número co que Boyano foi galardoado co Premio Nacional e Mundial de Maxia.

Neste espectáculo os xogos de maxia sucedéronse en clave de humor e a colaboración do público provocou momentos de improvisación, cun toque de mimo e clown. A actuación incluíu o número co que Boyano foi galardoado co Premio Nacional e Mundial de Maxia, "A cabina dos espíritos", un clásico do século XIX, que rompe co tradicional, achegando un método e un ritmo únicos.

O mago foi presentado polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, quen ademais dos recoñecementos que obtivo Boyano explicou a súa traxectoria profesional. Luis Boyano é licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e en 1984 trasladouse a vivir a Madrid onde rematou a especialidade en Psicoloxía Pedagóxica na Universidade Complutense, ao tempo que se formou en diferentes campos artísticos: Interpretación, Expresión Corporal, Pantomima, Clown e Maxia.

Os seus primeiros pasos no mundo artístico desenvólvense no Teatro de Rúa e no Circo, onde adquiriu a experiencia que máis tarde demostrou en Centros Culturais coa creación dos seus primeiros espectáculos de Maxia e Mimo. Dende o ano 1992, sen abandonar a súa actividade teatral, centra a súa carreira artística no mundo empresarial, sendo o primeiro en introducir en España a "Maxia Corporativa", achegando así unha nova forma de comunicar mensaxes e produtos para grandes empresas e multinacionais, para as que utilizando o ilusionismo como vehículo de mercadotecnia presenta produtos e mensaxes.

Tamén exerce como mestre de cerimonias en numerosos eventos utilizando a maxia como instrumento. O éxito e estreita relación co sector do Entretemento Corporativo lévano a crear no ano 1997 "Solucións Máxicas", empresa que dirixe e que está dedicada á contratación artística e á realización e deseño de todo tipo de evento. Ademais, imparte charlas para empresas nas que, ademais da mensaxe, a posta en escena é clave e os obxectivos a conseguir relaciónanse con xogos de maxia ad hoc.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes