Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O actor Alberte Montes interpretou na Casa de Galicia en Madrid o monólogo humorístico "Galego pode selo calquera"

Un espectáculo cómico-teatral cargado de ironía no que se puxo en valor a forma de ser dos galegos
Madrid, 7 de maio de 2015.

O actor galaico-catalán Alberte Montes (natural de Anguieiros, no concello lucense de Quiroga, próximo a Ourense) interpretou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o monólogo humorístico "Galego pode selo calquera", un espectáculo cómico-teatral cargado de ironía, interpretado integramente en galego, no que a idiosincrasia galega e os tópicos sobre os galegos foron os principais protagonistas e no que se puxo en valor a forma de ser dos galegos. Montes mostrou ante o numeroso público asistente, a gran parte del gallegofalante, que "ser galego non é só pararse na escaleira e facer crer á xente que non sabemos se subimos ou baixamos".

En representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, Montes foi presentado polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen informou de que o espectáculo fora producido por Hermanager Producións, "un equipo creativo con grande experiencia en pequenos formatos de humor".

"Alberte é, ademais, actor, guionista, director, locutor... e di a súa nai que non fai nada", dixo Jiménez recollendo unha frase do propio intérprete para iniciar un breve repaso pola súa biografía, destacando que "a súa xuventude non foi obstáculo ningún para que atesoure unha dilatada experiencia no teatro profesional, infantil e de rúa".

Montes formouse como actor no Estudi Nancy Tuñón e Jordi Oliver de Barcelona, traballou en compañías como Furafollas ou Teatre Obligatori e individualmente representou varios espectáculos en teatros de Barcelona. Participou nunha ducia de curtametraxes, algúns deles con premios nacionais, e na longametraxe "REC 4"; realizou anuncios publicitarios e colaborou en programas televisivos da produtora El Terrat, como "Farelos" e "Buenafuente", e noutros da TVG.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes