Medios

  • (2848x4288px., 1057 Kb.)
  • (2848x4288px., 1101 Kb.)
  • (2848x4288px., 970 Kb.)
  • (2848x4288px., 742 Kb.)
  • (2848x4288px., 991 Kb.)
  • (2848x4288px., 736 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa acolle ata o primeiro de xuño a mostra "Camiños en Feminino, arte 2011-2012" na inteveñen unha vintena de artistas mulleres

A mostra realízase en colaboración coa Fundación Camiño Portugués de Santiago
Madrid, 8 de maio de 2012.-

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López presidiu a inauguración da mostra colectiva de pintura "Camiños en feminino, Arte 2011-2012", un proxecto cultural da Fundación Camiño de Santiago e a Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago. O acto contou tamén coas intervencións do coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez; o presidente da Fundación e comisario da mostra, Constantino Lores; a artista Puri del Palacio, e a critíca de arte Mª Jesús Abeledo. A exposición está formada por obras de: Amelia Palacios, Anxos Igrexas, Basilisa Fiestras, Beatriz Suárez Sáa, Carmen Cabaneiro, Carmen Hermo, Carolina M. Araújo, Chuneta, Coco Pimentel, Glau Fonseca, Helga Mader, Kuqui Pazos, Lidia Costa, Mª Ángeles Guillán, Montse Frieiro, Paula Cabaleiro, Paula Mariño, Paz Vicente, Puri del Palacio e Silvia Capelo.

Tino Lores agradeceu a grande acollida dispensada, unha vez máis. Esta colectiva completa neste ano o proxecto cultural denominado "Camiños" iniciado o pasado 2011, "Ano Santo Compostelán", grazas á Fundación Camiño de Santiago e á Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago. Na anterior edición eran 15 os artistas participantes na mostra colectiva e itinerante que finalizou nesta Casa. Esta segunda edición intégrana só mulleres, que tomaron a testemuña, un total de vinteunha, coa bailarina Glau Fonseca. En palabras de Abeledo, "máis que unha exposición de arte, "Camiños en feminino" é unha filosofía. Unha filosofía orientada a que se vexa un colectivo de mulleres creadoras. Xa que, se ben, aparentemente, o mundo da arte é un dos sectores nos que a muller conseguiu un bo equilibrio coa presenza masculina, as obras de artistas mulleres apenas están presentes nas coleccións de arte máis importantes e as súas cotizacións nas poxas son netamente inferiores. E tamén falta, seguramente, un maior número delas no listado oficial dos grandes nomes na arte contemporánea".

Para del Palacio "aínda que a exposición está composta por obras de mulleres que empregamos diferentes técnicas e pertencemos a diferentes xeracións, únenos tamén o orgullo de estar aquí, unha gran ilusión e o amor á arte".

Pola súa banda, Jiménez destacou o feito de coincidir con "a apreciación do Camiño como viaxe a Ítaca, e é fermoso que sucedan enriquecedoras aventuras nese camiñar. Por iso, nos Camiños de Santiago, destacan sempre a amizade e a solidariedade, a xenerosidade, o respecto e a tolerancia; así como as experiencias en común, de relación en pé de igualdade co compañeiro ou compañeira que carga cunha mochila similar".

O acto finalizou cunha danza que interpretou Glau, por toda a sala, diante das obras, coa que, en palabras de Ónega "se fundiron arte e danza en pura poesía".

A exposición poderá visitarse ata o 1 de xuño. Laborables de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes