Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Xunta destaca o compromiso do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento coa cultura galega

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe na Casa de Galicia en Madrid á inauguración da exposición que conmemora o 75 aniversario do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento
Madrid, 10 de decembro de 2019.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a importante contribución do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento para a cultura galega grazas ao seu traballo durante 75 anos que o consolidou como o centro de investigación de referencia en Galicia.

Alfonso Rueda participou hoxe na inauguración da exposición "75 anos ao servizo de Galicia", na que tamén participaron o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega; o director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento; Eduardo Pardo de Guevara; a vicepresidenta de Organización e Relacións Institucionais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Rosina López-Alonso; e o secretario xeral do CSIC, Alberto Sereno Álvarez.

A exposición conmemora o aniversario da constitución desta institución académica -de titularidade compartida entre a Xunta o CSIC-, un referente no estudo das humanidades e plenamente comprometido co desenvolvemento de Galicia, e en especial coa lingua, a cultura e a historia galega.

A mostra consta de paneis nos que se afonda tanto na traxectoria histórica do centro como na importancia da biblioteca e as coleccións que atesoura. Ademais, ofrece e dá a coñecer a contribución do instituto no ámbito da humanística galega contemporánea e a súa traxectoria histórica. O centro destacou estes anos polos seus estudos sobre o parentesco e as redes de poder na Idade Media, as peregrinacións, a heráldica ou o papel da muller na nosa historia.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes