A exposición de fotografía MEXILLÓN DE GALICIA de Xurxo Lobato, na Delegación da Xunta en Madrid no mes de abril

Preto dun centenar de persoas acudiron á mostra organizada polo Consello Regulador para promocionar o singular produto
Madrid, 2 de abril de 2019

"MEXILLÓN DE GALICIA" é o título da exposición de fotografía de Xurxo Lobato, inaugurada esta tarde e organizada polo Consello regulador do Mexillón de Galicia co obxectivo de dar a coñecer, en imaxes, este singular molusco cuxa produción en Galicia lidera todos os mercados e que poderá verse na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia durante o mes de abril. A mostra, compóñena preto de medio centenar de fotografías e un audiovisual, ambos realizados polo prestixioso fotógrafo; así como a maqueta dunha batea e un exemplar do premiado libro no que aparecen todas as imaxes. Todo iso forma parte do proxecto da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia para dar a coñecer o selo Mexillón de Galicia, que representa garantía de calidade e orixe para o consumidor e que xa visitaron en Galicia preto de cen mil persoas pois puido verse xa no Museo do Pobo Galego (Santiago); Museo do Mar (Vigo); e o Acuario Finisterrae (A Coruña). Agora chega á Casa de Galicia en Madrid, onde estará ata o día 30, coa vocación de seguir un amplo intinerario pola xeografía nacional/internacional para difundir e promocionar este produto tan versátil en torno ao que centos de homes e mulleres foron capaces de crear unha actividade xeradora de riqueza e prosperidade.

No acto intervinieron o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, -quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega-; o presidente do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde García; o director xeral de Ordenación Pesquera, e Acuicultura do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Ignacio Gandarias; e o autor das fotografías, Xurxo Lobato.

Jiménez destacou do artista coruñés, Xurxo Lobato, licenciado en Xeografía e Historia pola USC, e membro da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de artes visuais, que é autor de innumerables imaxes publicadas en medios como El País, El Mundo, La Vanguardia, El Periódico de Cataluña, Vogue, Der Spiegel, National Geographic, a axencia Getty… e La Voz de Galicia, onde traballou durante case un cuarto de século. Entre as distincións de Lobato destaca o premio Ortega e Gasset por unha imaxe sobre o Prestige. O coordinador sinalou que a exposición foi posible grazas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida MEXILLÓN DE GALICIA, "órgano integrado polos principais actores do sector, é dicir produtores, cocedeiros, depuradoras e conserveiras" e subliñou que a existencia desta exposición débese, en primeiro lugar, ao libro que co mesmo título encargou o Consello no seu momento a Xurxo Lobato, a quen "considerou o mellor para ilustrar a beleza, a laboriosidade e os anhelos das persoas que día a día poñen en marcha unha industria tan importante", e que inclúe desde "fotografías aéreas espectaculares ata imaxes subacuáticas impresionantes e descoñecidas polo público en xeral dos sucesivos aspectos que presenta unha batea, que é a enxeñosa estrutura deseñada especificamente para criar in situ os mexillóns e colleitalos en laboriosos procesos antes pasar a outros traballos necesarios antes de que acaben no prato ou na lata". Ademais, "e isto é especialmente relevante, a publicación recibiu o primeiro premio "gourmand" en España e o segundo a nivel mundial "Best in the World Gourmand", que é aínda máis importante".

Un exemplar do laureado libro, atópase exposto nunha urna de metacrilato na Sala "B".

Para Para Gandarias, tras las felicitaciones por la iniciativa, apostó por la unión y colaboración de esfuerzos para llegar más lejos.

Para Gandarias, tras as felicitacións pola iniciativa, apostou pola unión de esforzos para chegar máis lonxe.

Para Xurxo Lobato esta mostra "é unha homenaxe aos homes e mulleres que cada día loitan para sacar adiante este produto". Case medio centenar de "imaxes/homenaxe" que forman parte do libro Mexillón de Galicia, do que o autor se sente especialmente orgulloso. "Que fose elixido como o segundo mellor libro do mundo de fotografía internacional do Gourmad Cookbook Award, é como para estalo". Nas súas palabras, tamén quixo agradecer a especial colaboración recibida por parte dos grandes cociñeiros galegos, como, Pepe Solla, Yayo Daporta, Flavio Morganti, Culler de Pau... "As imaxes reflicten todo. O territorio, as paisaxes, o mar, os mexillóns, as bateas, as fábricas... e ata o esforzo dos bateeiros".

Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde, explicou que a exposición está estruturada a modo de itinerario, pois comeza coa recollida da semente do mexillón nas rocas, prosegue nas bateas, onde o mexillón medra ata a súa retirada, continúa nas plantas depuradoras e transformadoras e finaliza no mercado, onde se comercializa en diversos formatos. Un periplo que describe, como a través dun traballo que en moitas ocasións pasa de pais a fillos, configúrase unha forma de ser, unha identidade, a de quen forma parte de Mexillón de Galicia.

Entre os asistentes que acudiron ao acto estaban: o escultor Paco Leiro; a tamén artista Elena Colmeiro. Do ámbito da fotografía: Raúl Cancio, Marisa Flórez, Díaz Maroto, Ángeles Filgueira... A catedrática Carmen Pena; a Avogada Xeral do Estado, Consolo Castro Rey; o editor Juan Carlos Lúa; o catedrático de Belas Artes Horacio Romeu; o escritor, xornalista e profesor Paco Pastoriza; así como o director xeral e director comercial das conservas Calvo, Alberto Aciñeiras e Aurelio Barrena.

A mostra "MEXILLÓN DE GALICIA" poderá visitarse nas Salas A e B da Casa de Galicia ata o 30 de abril en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes