Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Lázare rende en Madrid homenaxe á Galicia dos nosos avós

A mostra é un proxecto do pintor lucense, agora materializado en "As imaxes do Século pasado como pretexto", que poderá verse na Casa durante este mes
Madrid, 1 de decembro de 2015

Durante este mes, as salas da Casa de Galicia/Delegación da Xunta en Madrid acollerán a exposición "As imaxes do Século pasado como pretexto", do pintor lucense Jesús López Lázare. Coa materialización deste proxecto longamente pensado e no que estivo a traballar o último lustro, o artista rende homenaxe ás xentes e estampas de entón, "ao mundo do que me falaban os meus avós cando era neno".

Na inauguración da mostra interviñeron, ademais do autor, o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez, -quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega- e o escritor, editor e xornalista Xulio Xiz que viaxou a Madrid ex profeso para a presentación do artista.

Para Jiménez a exposición de Lázare é "unha gran honra" pois non adoita prodigarse fóra da súa Lugo natal, "onde traballa comodamente abrochado pola cremallera da súa Muralla" e só se despraza "extramuros nas grandes ocasións". Para o coordinador, esta exposición sorprende por "a calidade dos seus traballos, polo seu realismo costumista dunha época pasada, por esas cores de foto antiga que nos traen á memoria a moitos, estou seguro, o recordo de tantas persoas que formaron parte no seu momento do teatro das nosas vidas".

Para Xulio Xiz, para quen a arte de Lázare é "fondo, intenso e aprehensor", as súas obras atraen coma se dun imán tratásese. A mostra en Madrid é, utilizando un símil taurino, a "alternativa", para quen "está considerado un dos máximos expoñentes do realismo galego actual". Segundo Xiz, "con estas obras, con esta exposición, Lázare fai xustiza á súa terra, ás súas xentes, aos seus antepasados, e a si mesmo, deixando constancia pictórica do aprendido e asumido naquela Universidade Popular que eran nosas aldeas de outrora".

Xiz explicou que Lázare é autodidacta como pintor, aínda que se perfeccionou como debuxante na Escola de Artes e Oficios Artísticos de Lugo, e frecuentou o estudo de López Guntín, "o magnífico pintor vilalbés, maxistral nas súas escenas populares e único nos seus retratos. Algo así hai que dicir de o seu discípulo, hoxe mestre na pintura e o debuxo". Tamén lembrou a estreita relación de Lázare coa "asociación benéfico asistencial Anciáns do Mundo, e por iso hoxe representa aquí a esta entidade o tamén artista Ricardo Segundo López Méndez".

Si se pode asignar "nacionalidade a unha obra, estes cadros son esencialmente de nacionalidade galega; de racialidade galega, porque son galegos na súa orixe, na súa concepción, na súa inspiración", dixo o presentador. "As obras son actuais, confeccionadas estes últimos anos, pero a asunción dos temas, a procedencia, a fonte, pérdese na profundidade do pasado, xa que Lázare aínda puido vivir os tempos en que a oralidade era esencial, a cultura transmitíase de pais a fillos, de avós a netos... e os seus avós foron quenes lle falaron, sendo moi neno, da Galicia da súa mocidade, das tradicións, das lendas, dos costumes, das xentes, das aldeas, da emigración...".

A colección que ofrece a Casa compóñena máis dunha trintena de óleos sobre táboa, e poderá ser visitada ata o día 30 de decembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas os días laborables. Domingos e festivos de 10 a 14 horas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes