Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia acolle unha exposición de beléns napolitanos

Conta cun belén completo, un mercado e varios portais, obra das artistas Belén de Salas e Belén del Pino
Madrid, 3 de decembro de 2014.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia inaugurou esta tarde nas súas instalacións a "Exposición de beléns napolitanos. Napolés en Galicia" que conta cun belén completo, un mercado e varios portais con todos os seus elementos tradicionais, obra da ferrolana Belén de Salas Escriña e da súa filla Belén del Pino Salas, dous artistas belenistas especialistas na creación destas figuras e a súa escenografía que reuniron nesta mostra máis dun centenar de figuras. O belén permanecerá aberto ata o 6 de xaneiro (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas de luns a sábado e de 10 a 14 domingos e festivos).

As autoras estiveron acompañadas na presentación polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen destacou a calidade das composicións da exposición, que encerran "moitos misterios, no dobre sentido de representacións bíblicas e de segredos", e "a grandeza destas pezas", que “poñen a proba a capacidade artística dos que as confeccionaron".

En nome das autoras falou Belén de Salas, que explicou a historia e características deste tipo de beléns, traídos a España por Carlos III no século XVIII. Están feitos con figuras de entre 35 e 42 centímetros, de corpos flexibles que permiten colocalos en distintas posturas, polo que o conxunto gaña gran dinamismo e teatralidade. Os personaxes son expresivos e van vestidos con traxes de seda seguindo a moda do XVII e XVIII en Nápoles. Precisou que a escenografía que se mostra na Casa de Galicia tamén é un reflexo da cidade napolitana exceptuando a parte dedicada ao Misterio onde se respecta a idea do belén tradicional coas figuras vestidas con túnicas e rodeadas por ruínas clásicas, que contrastan co resto do conxunto.

De Salas comezou como coleccionista de figuras napolitanas do século XVII e XVIII e despois creo o seu propio taller para a creación deste tipo de figuras hai dezaoito anos. Belén del Pino cursou estudos na Facultade de Belas Artes de Madrid e na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Madrid, hai dez anos que comezou a traballar no taller de De Salas e se especializou na policromía de carnaciones e en Escenografía.

Os seus beléns obtiveron o Segundo Premio da Asociación de Belenista de Madrid en 1999, o Primeiro Premio do Concello de Madrid en 2001 e o Segundo Premio da Asociación de Belenistas de Madrid en 2007 pola exposición da Asociación de Belenistas de Hoyo de Manzanares. En 2009 e 2010 realizaron senllas exposición para a Fundación Koplowitz.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes