Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A pintora galega Marta Cabaleiro expón o seu colorista obra na Casa de Galicia en Madrid ata finais de mes

Trátase dunha exposición inspirada na natureza de Galicia, os seus bosques e o seu mar
7 de novembro de 2012

A pintora galega Marta Cabaleiro, natural do Porriño (Pontevedra), expón o seu colorista obra na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid dende hoxe e ata o próximo día 30. Trátase dunha mostra composta por obras -acrílicos sobre lenzos- inspiradas na natureza de Galicia, os seus bosques, o mar, as Illas Cíes, que inclúe tamén representacións florais en macetas.

Madrid, 7 de novembro de 2012. - A pintora galega Marta Cabaleiro, natural do Porriño (Pontevedra), expón o seu colorista obra na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid dende hoxe e ata o próximo día 30. Trátase dunha mostra composta por obras -acrílicos sobre lenzos- inspiradas na natureza de Galicia, os seus bosques, o mar, as Illas Cíes, que inclúe tamén representacións florais en macetas.

Na inauguración da mostra, que tivo lugar esta tarde, presentou á artista e a súa obra a escritora María Jesús Domíguez Sío, acompañada polo coordinador de Actividades Culturais da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen dió a benvida aos presentes en nome do delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega, e se referiu á mostra de Cabaleiro como "unha exposición de agradable e sorprendente colorido".

Domínguez Sío recordou a traxectoria de Cabaleiro, quen despois do seu paso pola Universidade de Santiago, en 2005, comezou con éxito as súas primeiras exposicións, non só en distintas cidades e pobos de España senón en Italia, Holanda e Francia. Tamén que quedou finalista en varios concursos e recibido diferentes premios.

"Pódese considerar a súa unha traxectoria de artista autodidacta, malia o seu paso en 2002 polo Estudo Artal de Vigo," valorou, pois, resaltou a presentadora, a pintora de Porriño "mantivo dende o principio unha personalidade propia, enmarcada si dentro do impulso vangardista dos séculos XIX e XX, pero renovándoo coa súa investigación pictórica persoal. A pintura de Marta inscríbese nun puntillismo distinto, dentro do ámbito dos mestres postimpresionistas franceses, Seurat e discípulos, nos cales se inspira, con puntos de cores grosas, cos que conforma os seus temas coma se dunha partitura musical se tratase".

Apreciou así mesmo que Marta Cabaleiro "quere ver a vida con mirada inxenua, fresca, chea de luz e cor, e dende esa óptica pinta os obxectos coñecidos, as paisaxes, os fondos mariños. É a súa realidade vista co seu sentimento non co dos mestres da pintura naif, na que tamén se inspira", achando evocacións nos seus cadros de Henri Rousseau e, nalgún aspecto, mesmo de Gauguin. "Por iso -afirmou- a súa pintura resulta unha reafirmación da alegría vital, unha volta ao paraíso perdido da infancia, onde a imaxinación da artista volve sinxelo o difícil e creativo o cotián".

Domínguez Sío tamén asinou o prólogo do catálogo da exposición. "Nos cadros de Marta Cabaleiro, o xogo; a elección arbitraria e azarosa do tema; a sintaxe caprichosa do sono, onde os obxectos se unen porque si; a sinxeleza cromática e a bondade primixenia da infancia remiten ás vangardas pictóricas do primeiro terzo do século XX", escribe nel a preto da autora e a súa obra, observando a abundancia da técnica puntillista, aínda que non é a única, e a óptica "deliberadamente inxenua" da artista nunha obra que emparenta coa arte naif.

 

 

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes