Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Evoluta, firma galega de alta marroquinería, expón unha selección dos seus sofisticados deseños na Casa de Galicia en Madrid

Son pezas exclusivas de máxima calidade en canto a elaboración e materia prima
24 de outubro de 2013

Evoluta, firma de alta marroquinería que traballa accesorios en peles exóticas creada en 2006 polas coruñesas Carmen Pérez e Cristina Franco, expón dende hoxe e ata o próximo martes 29 unha selección dos seus sofisticados deseños na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia. Trátase de pezas exclusivas de máxima calidade en canto a elaboración e materia prima, traballadas artesanalmente con peles lexítimas de crocodilo, avestruz, mantarraya, pitón ou lagarto, entre outras, traídas por provedores internacionais cos seus correspondentes certificados CITES.

Madrid, 24 de outubro de 2013. - Evoluta, firma de alta marroquinería que traballa accesorios en peles exóticas creada en 2006 polas coruñesas Carmen Pérez e Cristina Franco, expón dende hoxe e ata o próximo martes 29 unha selección dos seus sofisticados deseños na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia. Trátase de pezas exclusivas de máxima calidade en canto a elaboración e materia prima, traballadas artesanalmente con peles lexítimas de crocodilo, avestruz, mantarraya, pitón ou lagarto, entre outras, traídas por provedores internacionais cos seus correspondentes certificados CITES.

Na inauguración da exposición da súa nova colección, "Sen tempo", Carmen Pérez estivo acompañada polo xornalista e crítico de moda Pedro Mansilla e pola coordinadora de actividades económicas da Casa, Ana Rodríguez Barrena, quen destacou a importancia estratéxica da moda na economía, especialmente en Galicia. Apreciou así mesmo que as deseñadoras de Evoluta, dende o seu taller en Sada (A Coruña), "crean complementos e accesorios de forma artesanal que, a pesar da súa evidente orixinalidade e vangardismo, resultan pezas intemporais e clásicas, realmente pezas de arte que hai que ir descubrindo pouco a pouco, apreciando todos e cada un dos seus detalles".

Mansilla tamén se referiu á arte ao valorar as pezas expostas afirmando que se trata de "un traballo cunha man na arte e con outra man na industria da moda". Destacou así mesmoque Carmen Pérez "elixiu o camiño máis difícil de todos pois, aínda que a súa firma se chame Evoluta, ela se reafirma dicindo que é un traballo de moda sen marca", polo que a considera unha ousada nun mercado no que dominan as marcas.

Explicou que con esa posición a deseñadora entende "que está a entregar máis enerxía e máis verdade ao produto, porque a marca consume enerxía e a resta ao produto". Resaltou ademais a súa conciencia ecolóxica, pola que todas as peles que traballa teñen o certificado CITES, e a limpeza dos seus deseños, sen adornos superfluos, "porque a calidade e a beleza están na materia prima coa que están feitos" e o obxectivo é enxalzala. En Evoluta, dixo, é a propia pel a que define a estrutura dos bolsos, principalmente formatos clásicos pero excepcionalmente tamén brillan formas caprichosas e persoais nas súas coleccións.

Entre as pezas expostas figura unha creada fai unha ano expresamente para participar nunha homenaxe a Cristóbal Balenciaga. Se trata dunha esfera en madeira de ébano, prata cun aigrette de plumas de galo de Mós e interior forrado en pel con peche oculto.

A firma de alta marroquinería Evoluta foi gañadora do concurso El Desmarque, organizado pola revista Gracia.

anizado pola revista Gracia.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes