Medios

  • (2848x4288px., 1062 Kb.)
  • (2848x4288px., 1103 Kb.)
  • (2848x4288px., 1207 Kb.)
  • (2848x4288px., 780 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia en Madrid acolle o resultado das últimas investigacións pictóricas da artista pontevedresa Chuneta

A mostra, que leva o nome da pintora, inclúe traballos relacionados coa animación e pezas de pintura-escultura
6 de xuño de 2012

O resultado das últimas investigacións pictóricas da artista pontevedresa Chuneta -Mercedes Sánchez-Agustino Pita- exhíbese dende hoxe e ata o próximo día 29 en dúas das salas de exposicións da Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, nunha mostra que leva o nome da pintora e que recolle os seus últimos traballos en pintura, relacionados coa animación, así como pezas de pintura-escultura nas que a primeira se acha despoxada do soporte.

Madrid, 6 de xuño de 2012. - O resultado das últimas investigacións pictóricas da artista pontevedresa Chuneta -Mercedes Sánchez-Agustino Pita- exhíbese dende hoxe e ata o próximo día 29 en dúas das salas de exposicións da Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, nunha mostra que leva o nome da pintora e que recolle os seus últimos traballos en pintura, relacionados coa animación, así como pezas de pintura-escultura nas que a primeira se acha despoxada do soporte.

Chuneta explica que en pintura ten "gusto ´ pola cociña ´, non só polo resultado", polo que despois de pintar en distintos soportes experimentou coa posibilidade de liberar á pintura deste, así como a facer traballos pictóricos de animación nos que, seguindo a técnica cinematográfica, pasaba en ordenador 24 cadros por segundo concibidos para dar movemento á pintura.

Na inauguración da exposición, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, explicou que Chuneta é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e que reside "dobremente" en San Sebastián, pois ten establecido alí o seu domicilio e a súa residencia a artística en Arteleku, "ese singular Centro de creación experimental e formación".

"Esta experiencia artística en Arteleku, neste lugar para a Arte como o seu propio nome indica, nótase que influíu profundamente en Chuneta, porque pode apreciarse nas súas obras que como artista, Chuneta é filla tanto da experimentación da que se embebeu en Arteleku como da disciplina, grazas á cal lle foi posible alcanzar a versatilidade da multidisciplina," explicou, sinalando que, entre outras cousas, Chuneta realizou intervencións artísticas diversas, como a animación de curtametraxes.

"Todos estes cadrados ordenados en cadrados maiores ou rectángulos suxírenme, ademais da viñeta, o xogo eterno do peletre, invítannos a ir saltando por eles ata a casa final, voando entre refachos de cores suspendidas que anubran a vista, como di Isabel Herguera no seu prólogo ao catálogo que elaboramos para a ocasión", apreciou Jiménez, invitando ao público a que se deixase levar "de viñeta en viñeta pola suavidade das cores deste enorme crebacabezas".

Isabel Herguera explica no prólogo do catálogo que a atmosfera no estudo da pintora, "propia dun laboratorio, é o preámbulo ao traballo de Chuneta onde a experimentación é parte fundamental e integrante do carácter da obra". Nel descobre, a xeito de exemplo, unha tea "que consiste en nove cadrados ordenados nunha perfecta cuadrícula. Neles as manchas de cor e os grafismos repítense en diferente orde e configuración, creando un ritmo que fai referencia á forma na que se estrutura a narración audiovisual".

"A capacidade de explorar outros ámbitos das artes fan da obra de Chuneta unha experiencia artística onde encontramos trazos de cine, movementos que proveñen da danza e un uso da cor con referencias á natureza. Esta actitude receptiva e ávida de estímulos remítenos ao espazo do xogo, onde o entusiasmo ante o descubrimento é ilimitado, verdadeiro e profundo," conclúe.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes