Medios

  • (2848x4288px., 1147 Kb.)
  • (2848x4288px., 1151 Kb.)
  • (2848x4288px., 973 Kb.)
  • (2848x4288px., 1045 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O silencio, a serenidade e a luz, protagonistas das obras que a lucense María Jesús Pérez Carballo exhibe na Casa de Galicia

"Na mirada, Breamo" evoca o monte no que se asenta o pobo coruñés de Pontedeume, que forma parte da bagaxe emocional da pintora
1 de marzo de 2012

 O silencio, a serenidade, os espazos baleiros onde a luz é o elemento fundamental na creación son os compoñentes das atmosferas que a pintora lucense e catedrática de debuxo María Jesús Pérez Carballo transmite na mostra de pintura que dende hoxe e ata o próximo día 30 ocupa dúas salas de exposicións na Casa de Galicia en Madrid: "Na mirada, Breamo", de obra realizada nos últimos anos.

Madrid, 1 de marzo de 2012.- O silencio, a serenidade, os espazos baleiros onde a luz é o elemento fundamental na creación son os compoñentes das atmosferas que a pintora lucense e catedrática de debuxo María Jesús Pérez Carballo transmite na mostra de pintura que dende hoxe e ata o próximo día 30 ocupa dúas salas de exposicións na Casa de Galicia en Madrid: "Na mirada, Breamo", de obra realizada nos últimos anos.

Na inauguración, a pintora e a súa obra foron presentadas polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen recordou que Pérez Carballo xa expuxo nela, hai doce anos, e apreciou que a pesar do tempo transcorrido na súa obra persiste a atmosfera inicial, "eses espazos baleiros onde a luz é o elemento primordial a cuxo través se propón a busca do silencio e a serenidade". Tamén achou nos seus cadros "un infinito cara ao que, unha vez somerxidos na obra, camiñamos entre escaleiras de suaves chanzos e labirintos caprichosos".

Breamo, a paisaxe evocada, é, di a pintora, "unha constante visual nunha etapa, xa larga, da miña vida, protagonista da paisaxe onde paso os meus veráns", o monte onde se asinta Pontedeume, pobo da Coruña, na desembocadura do Eume que, para Pérez Carballo, "de referente visual pasa a converterse en resumo da paisaxe da Galicia que forma parte da miña bagaxe emocional".

Segundo Pérez Carballo, a pesar dos "aparentes" cambios que ao longo da súa traxectoria como pintora se producen na súa obra, sempre hai unhas pretensións comúns nela, que son precisamente "a busca do silencio e a serenidade, espazos baleiros, onde a luz é o elemento fundamental na creación desa atmosfera que aspiro transmitir".

A atmosfera ocúpao todo

Nesa evolución da súa obra, "ao principio era un elemento realista o que se convertía no protagonista do cadro, introducido nunha atmosfera intimista que, ao final, vence á anécdota, hoxe, simplemente, o que antes era atmosfera ocúpao todo". "Pretendo crear un ambiente non contar unha historia, introducir o espectador no cadro, espazo intermedio entre o que o espectador ocupa e o fondo; camiño, de aí camiños e labirintos, cara a un fondo horizonte iluminado," explica.

Xunto aos luminosos labirintos e construcións xeométricas que ocupan a maior parte dos cadros da exposición, hai algúns figurativos. "Moitas veces preguntáronme por que a persoa que aparece no cadro está de costas, a miña resposta é que non pretendo facer unha persoa concreta senón unha persoa nunha atmosfera, nun ambiente, nunha situación determinada coa que calquera se podería identificar, impórtame o xesto, a actitude, sempre de quietude, de contemplación ou ensimesmamento".

No catálogo da exposición a pintora incorpora textos da súa autoría, "escritos", en orixe, coa intención de reter momentos, gardar pensamentos ou impresións". "Creo que complementan, axudan a explicar o que intento dicir coas imaxes".

Nese catálogo Marica Campos enxalza a busca da luz e do infinito nesta pintora, da que di que se sabe "soporte no que afloran experiencias escritas dende os cinco sentidos noutro tempo" e que "conta só con luz e cor para dicilas”. Tamén fai referencia á carencia de límites nos seus cadros, que se perden en "trazos que se esvaen facéndose porta aberta ao espazo enteiro e á súa expansión inacabable"

De ampla traxectoria profesional, a obra de Pérez Carballo recibiu varios premios, o último deles o VI Premio de Debuxo da Real Academia de Belas Artes de Granada, e forma parte dos fondos artísticos de institucións como a Facultade de Económicas de Santiago de Compostela, a sede da Confederación de Empresarios de Santiago de Compostela e a Deputación Provincial de Lugo.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes