Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

El CCG expón na Casa de Galicia en Madrid a mostra "Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)"

Sobre o papel transformador dos axentes e as asociacións culturais en Galicia nos últimos anos da ditadura franquista
Madrid, 5 de marzo de 2014

O Concello da Cultura Galega (CCG) trae á Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a exposición "Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultura a Galicia (1961-1975)" sobre o papel transformador que tiveron os axentes e as asociacións culturais en Galicia nos últimos quince anos da ditadura franquista. Despois de percorrer nove cidades galegas, poderá verse en Madrid, nas instalacións da Casa de Galicia, onde ocupa dúas salas, ata o próximo día 28.

Na inauguración da exposición, que tivo lugar esta tarde, interviñeron o comisario desta, Ricardo Gurriarán, a responsable de Acción Exterior do CCG, Emilia García, e o coordinador de actividades culturais da Casa, Ramón Jiménez, que lles dió a benvida a ela. Entre os asistentes ao acto estaban o senador Vicente Álvarez Areces e numerosos alumnos da clases de galego que a profesora Carme Lamela imparte na Casa.

Gurriarán recordou O Galo, a primeira asociación cultural galega, creada en Compostela en 1961, a partir da cal creceu en Galicia o asociacionismo, ao que atribuíu un valor esencial como delimitador das liñas de xogo do que ía ser a cultura e a lingua galega unha vez desaparecida a ditadura. Recordou que o CCG xa celebrou no seu momento o cincuenta aniversario de O Galo, a partir do cal xurdiu a idea dun estudo máis amplo do fenómeno do asociacionismo ata chegar a esta exposición que leva xa ano e medio de percorrido por cidades de Galicia.

Tamén se referiu ás dificultades de localización do material que compón a mostra pois só estaba localizada a documentación do dous asociacións e nos outros casos foi necesaria buscar as actas e outros documentos con moita tenacidade, en mans privadas. Froito dese traballo é a existencia nestes momentos de 30.000 documentos escanear que están depositados no CCG a disposición dos investigadores.

Emilia García gabou o labor de Gurriarán, a súa perseveranza na busca do material, que estaba moi disperso. Explicou ademais o labor do CCG que, dixo, realiza este tipo de traballos obedecendo un dos seus mandatos fundacionais: recuperar o patrimonio documental galego, sobre o que apuntou que o Conscello xa leva desenvolvido un importante traballo coas colectividades galegas residentes en América Latina.

A responsable de Acción Exterior do CCG destacou tamén a importancia que o material desta exposición ten "para a historia da Galicia preautonómica" e anunciou que se irá poñendo na rede para que poida ser consultado. "É unha exposición ambiciosa que se fixo con moi poucos medios", mantivo.

Vinte e dous paneis explicativos

A exposición, conformada por 22 paneis explicativos e vitrinas con documentación orixinal, detalla e ilustra o contexto sociopolítico e cultural, os antecedentes do asociacionismo, o xurdimento asociativo, a organización do traballo, as relacións co exterior e o exilio, o asociacionismo como primeira fase da normalización cultural, O Galo (Compostela, 1961), O Facho (A Coruña, 1963), a Asociación Cultural de Vigo (1965), o asociacionismo en Pontevedra, Ourense e Lugo, a eclosión asociativa no exterior (1967-1968), a vida asociativa, a lingua, o teatro, o libro, a liturxia, a música, a cinematografía e a plástica, os medios de comunicación e a política. Un accionar político que, pouco despois, se orientaría prioritariamente á dialéctica da conquista da autonomía e a recuperación das liberdades e os dereitos democráticos, nalgunha medida debedores deses e doutros esforzos anteriores.

Na presentación do libro-catálogo o presidente do CCG, Ramón Villares, salienta que a mostra "foi ideada para recoller, recoñecer e difundir o traballo das xentes e os colectivos pioneiros do asociacionismo cultural, rescatando ese seu legado da brétema do tempo, activando a memoria e incorporando eses activos a este tempo noso".

 

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes