Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Co el título de "Vivencias", Elsa Pérez Vicente expón os seus debuxos e pinturas na Casa de Galicia en Madrid

A pintora, orixinaria de Arxentina e nacionalizada española, radicouse en Vigo, de onde era o seu marido, o tamén pintor Antón Abreu Bastos
5 de xuño de 2013

Baixo o título de "Vivencias", Elsa Pérez Vicente, artista radicada en Vigo, reúne na exposición de debuxo e pintura que inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia unha colección de obras de diversas temáticas e técnicas, na que están presentes o clasicismo, o romanticismo e o tango da súa Arxentina natal, onde coñeceu o seu marido, o pintor de Vigo Antón Abreu Bastos, emigrante en Bos Aires. A mostra estará aberta ao público ata o próximo día 28.

Madrid, 5 de xuño de 2013. - Baixo o título de "Vivencias", Elsa Pérez Vicente, artista radicada en Vigo, reúne na exposición de debuxo e pintura que inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia unha colección de obras de diversas temáticas e técnicas, na que están presentes o clasicismo, o romanticismo e o tango da súa Arxentina natal, onde coñeceu o seu marido, o pintor de Vigo Antón Abreu Bastos, emigrante en Bos Aires. A mostra estará aberta ao público ata o próximo día 28.

A artista foi presentada polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen valorou que "o debuxo, e a pintura toda de Elsa, da que o debuxo forma parte, é dunha sensibilidade tal que estimulan á imaxinación a voar detrás de mundos soñados de gran carga poética". "A pintura, os debuxos de Elsa son suxestivos e literarios, a min particularmente tráenme á memoria aos tigres e labirintos de Borges", engadiu, apreciando así mesmo que na mostra tamén hai temas galegos, pois "non en van Elsa afincouse en Vigo no ano 1977 con Antón, trasladando con ela as súas ´Vivencias´, ese mundo espiritual do que nacen os recordos e a arte". "Temos aquí obras das dúas beiras, de aquí e de ´alén do mar´, de máis alá do mar, é dicir de recordos que naceron das vivencias da outra beira do mar, co que se dá nesta Sala unha verdadeira mestizaxe cultural", mantivo Jiménez.

Elsa Pérez, que estivo acompañada pola súa filla, Alejandra Abreu, explicou sobre as obras da exposición que "os temas que desenvolvo son os que determinan as técnicas". Así, "se o tema é dramático, uso o negro do carbón ou a tinta chinesa, para unha maternidade, a sanguina que é un xiz de cor cálida avermellada. Para mostrar a dinámica do voo dun paxaro utilizo a pluma e tinta chinesa. Para un retrato, o pastel, con toda a súa gama de cor, tamén pode ser lapis carbón ou pluma e para o estudo do nu, o carbón que describe os volumes".

"Sempre me gustou captar o movemento, sexa dunha pomba, un cabalo, o baile ou un nu," engadiu sobre a temática da súa obra a artista, para quen "expoñer é a forma de comunicarse co espectador, que completa a mensaxe da obra e ese é en definitiva, o destino da arte".

"Unha longa tradición plástica resúmese nesta obra, fresca e como antiga. Tal que intemporal. Cando a contemplamos, parécenos estar a vela non directamente, senón relejada nun espello cuxo azougue cuarteou o tempo, para que os cute nacarados se salpiquen de opacidades ocasionais", escribe no prólogo do catálogo da exposición Francisco Pablos, da Real Academia de Belas Artes, sobre a obra de Elsa Pérez Vicente.

Elsa Pérez Vicente naceu en Bos Aires, titulouse na Escola Nacional de Belas Artes "Prilidiano Pueyrredón" e foi premiada pola Academia Nacional de Belas Artes da Universidade de Tucumán na materia de Dibujo. Casouse co pintor de Vigo Antón Abreu Bastos, emigrante en Bos Aires, do que a Casa acolleu hai ano e medio unha exposición póstuma e antolóxica. En 1973 percorreu en viaxe de estudos España, Francia, Italia, Holanda e Inglaterra.

Radicouse en Vigo en 1977 e adquiriu a nacionalidade española. Realizou dezanove exposicións individuais e participou en colectivas en Arxentina, EE UU., España e Portugal. Fixo retratos, ilustracións de libros e pinturas murais, cuxa técnica ao "fresco" aprendeu co mestre Urruchúa.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes