Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

FAGAMA celebra na Casa de Galicia en Madrid o seu particular homenaxe ás Letras Galegas

Cunha conferencia de Ferro Ruibal sobre Filgueira Valverde e un pequeno concerto de temática galega de Lorena Lores
Madrid, 27 de xuño de 2015.

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid (Fagama), que preside Ovidio Cadenas e aglutina a oito centros galegos en Madrid, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seu particular homenaxe ás Letras Galegas e a Xosé Fernando Filgueira Valverde, a quen están dedicadas nesta edición de 2015.

Fíxoo cun acto no que oficiou de anfitrión o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega. O presidente de Fagama, Ovidio Cadenas, agradeceu a participación; o académico da Lingua Galega e investigador do Centro Piñeiro Xesús Ferro Ruibal ofreceu unha conferencia sobre a figura e obra de Filgueira Valverde, na que a catedrática de Galego María Xesús Fernández Lopo leu algúns dos seus poemas, e o secretario de Fagama, Fernando Gómez Rodríguez, presentou á cantautora Lorena Lores, que ofreceu un pequeno concerto de temática galega.

Ónega dió a benvida aos numerosos asistentes ao acto, gabando o apoio que se brindan as entidades galegas en Madrid, avalando entre si os seus principais actos e animándoas a seguir traballando e contando coa colaboración da Casa. Recordou así mesmo que con este terán sido tres actos os celebrados na Casa con motivo das Letras Galegas 2015 -houbo unha conferencia anterior organizada pola propia Delegación e unha exposición sobre a figura de Filgueira Valverde-. Ademais, Ónega presentou o conferenciante, destacando os seus méritos académicos, e fixo notar a presenza na sala de Ángeles Filgueira, filla do homenaxeado, e a súa familia.

Ferro recordou a biografía de Filgueira Valverde, do que destacou a súa gran capacidade de innovación en todos os ámbitos nos que traballou e afirmou que iluminou Galicia dende moitas ópticas cun obra escrita oceánica: máis de tres mil libros e folletos, uns mil artigos e máis de mil conferencias por Europa e América,". "Este sabio, que rompe as estatísticas de produtividade e foi membro de sete Reais Academias, fundou equipos de traballo cos que creou e sostivo no tempo empresas e institucións culturais. Na república, na guerra civil, no franquismo e na democracia non parou de traballar para aumentar na sociedade a ciencia e conciencia de Galicia", afirmou, mantendo que "se tivese nacido en Oxford, París ou Heildelberg sería un grande da cultura europea".

Asistiron representantes non só das asociacións membros de Fagama senón de todas as entidades galegas en Madrid, que se recibiu na Casa por un grupo de gaiteiros da Xuntanza de Galegos de Alcobendas.

Finalizado o acto, os participantes saíron en autocares para celebrar unha comida de irmandade nun restaurante dunha localidade madrileña.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes