Medios

  • (2848x4288px., 917 Kb.)
  • (2848x4288px., 890 Kb.)
  • (2848x4288px., 710 Kb.)
  • (2848x4288px., 908 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Feijóo reitera o compromiso firme do Gobierno de galego coa investigación e a sanidade públicas

O titular da Xunta presidiu hoxe, na Casa de Galicia en Madrid, o acto de entrega do XVI Premio Nóvoa Santos de Medicina
Madrid, 12 de decembro de 2011

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou esta tarde, no acto de entrega do XVI Premio Novoa Santos a doutora María José Alonso Fernández, catedrática de Farmacia de la Universidade de Santiago de Compostelaque se celebrou na Casa de Galicia en Madrid, o compromiso firme do Goberno galego coa investigación e a sanidade pública. Oresponsable do Executivo autonómico, que estivo acompañado polo director da Casa de Galicia e anfitrión do acto, José Ramón Ónega; a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas; o presidente da Asociación de Médicos Galegos en Madrid (ASOMEGA), Francisco R. García Fernández; e a presidenta da Real Academia Española de Farmacia, María Teresa Mira-Portugal, lembrou que, en lugar de xestionar a abundancia, agora, “un ten que xestionar a austeridade e elo esixe, máis ca nunca establecer prioridades”. Neste sentido, subliñou que, no ámbito da investigación priorizala é darlle un tratamento especial en cada presuposto da Xunta e reservar o máximo nivel de recursos posible para que mulleres e homes “como a premiada, María José Alonso”, podan seguir indagando con éxito e facendo que Galicia siga sendo, grazas a eles, un referente internacional. 

  • Afirma que, no ámbito da investigación priorizala é darlle un tratamento especial en cada presuposto da Xunta e reservar o máximo nivel de recursos posible para que os investigadores podan seguir indagando con éxito e facendo que Galicia siga sendo, grazas a eles, un referente internacional
  • No eido da sanidade, salienta que priorizala significa perpetuar a idea de que o gasto social hai que preservalo, pero tamén optimizalo
  • Reitera o esforzo do Goberno galego para salvagardar o benestar en momentos de dificultade e apela ao esforzo colectivo “para seguir traballando nesa mesma dirección”
  • Resalta que detrás deste premio late a idea da cooperación, “de que ampliando as nosas capacidades de colaboración, as respostas serán máis eficaces”

 Madrid, 12 de decembro de 2011.-No ámbito da sanidade, Feijóo salientou que priorizala significa perpetuar a idea de que o gasto social hai que preservalo, pero tamén optimizalo. “Entre os retos máis acuciantes do noso tempo está o de manter un sistema sanitario público sostible. Malamente cumpriríamos a nosa misión, se legáramos ás xeracións vindeiras un Estado do Benestar peor do que nos atopamos. Isto non significa que non haxa que cambiar nada, senón que hai que revisalo para melloralo”.

O presidente autonómico reiterou o esforzo do Goberno galego para salvagardar o benestar en momentos de dificultade e apelou ao esforzo colectivo “para seguir traballando nesa mesma dirección”.

Feijóo concluíu salientando que detrás deste premio late outra idea, a idea da cooperación, “de que ampliando as nosas capacidades de colaboración, as respostas serán máis eficaces”.

Pola súa banda, a galardoada fixo un emotivo discurso no que lembrou aos seus pais, “dos que herdou o amor polo traballo ben feito” e aos seus mestres, “que marcaron a súa traxectoria profesional na investigación”. María José Alonso Fernández, é catedrática de Farmacia de la Universidade de Santiago de Compostela. Na súa carreira científica traballou en universidades prestixiosas como a de París Sur e o InstitutoTecnolóxico de Massachussets. Desde 1987 dirixe na USC un grupo de investigación pioneiro en España no  ámbito da nanomedicina e nos sistemas de liberación defármacos e vacinas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes