Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación das Festas patronais lucenses de San Froilán 2015

A cargo da tenente de alcalde e concelleira de Turismo Carmen Basadre
Madrid, 25 de setembro de 2015.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación das festas patronais lucense San Froilán 2015, a cargo da tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, a quen acompañou na presentación o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, en tanto que anfitrión do acto.

Ónega confesou que, “como lucense, levo a San Froilán no corazón” e afirmou que as súas festas patronais son “unha celebración histórica, un evento que ilumina desde o pasado o presente”. Tamén tivo palabras de eloxio para a cidade, “onde se práctica a amizade e consérvase unha muralla de 1.700 anos de antigüidade” e lembrou que Álvaro Cunqueiro “asombrouse da celebración de San Froilán, da alegría das xentes campesiñas que se espallaban pola cidade, dos homes e mulleres que chegaban a Lugo coma se fose un mito, unha atávica costume”.

Basadre explicou o programa de festexos para este ano, do que destacou que terá un día máis de celebración respecto de edicións anteriores pois se desenvolverá do 3 ao 12 de outubro, e que contén máis de duascentas actividades gratuítas para todos os públicos. Entre elas figuran actuacións musicais de todos os estilos, actos das denominacións de orixe lucenses e outros que poñen en valor do Camiño Primitivo, que foi declarado Patrimonio da Humanidade.

Resaltou o protagonismo que terán as mulleres, no “Domingo das mozas” e nas actuacións musicais do día de San Froilán, a recuperación que Gastroarte fai das feiras de artesanía conxugándoas coa gastronomía e as vinte e cinco citas deportivas que contén o programa. Basadre lembrou que estas festas están declaradas de interese turístico no ámbito galego e nacional, que o pregoeiro de será Darío Xoán Cabana, membro da Academia Galega que recibiu a Medalla de Ouro da cidade de Florencia por traducir ao galego “A divina comedia”, e que han concertados descontos do 25% coa empresa de transporte Alsa.

Tamén sinalou algúns acenos de identidade da cidade, como o feito de ser a cidade romana máis antiga de Galicia, a única que conserva unha muralla romana que pode percorrerse íntegra e a piscina romana que existe no Museo de San Roque.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes