Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O gastrónomo lucense Baldomero Cabadas presentou na Casa de Galicia a súa "Guía práctica de cocina clásica española"

Unha obra para xefes de cociña e profesionais, que contén setecentas receitas
Madrid, 12 de marzo de 2015.

O gastrónomo lucense Baldomero Cabadas presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa "Guía práctica de cocina clásica española", unha obra especial para xefes de cociña e profesionais que contén setecentas receitas e foi editada por Vive Libro.

No acto interviñeron, ademais do autor, o tamén cociñeiro lucense Efrén Álvarez, que popularizou o programa de televisión "Máster Chef", o representante da editorial, Alejandro Herrero, e, en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, a coordinadora de actividades da Casa Ana Rodríguez, que presentou o acto e ao resto de membros da mesa.

Segundo o seu autor, a "Guía práctica de cocina clásica española", "probablemente sexa unha das guías da cociña española máis completa que existen". Explicou que contén unha descrición abreviada de setecentas receitas españolas, tradicionais e creativas, que foron estruturadas pensando en facilitar a consulta e na que se tivo a precaución de evitar que as receitas pasen dunha folla a outra, evitando así que se teña que manipular o libro cando se está a elaborar un prato. Tamén que a idea xurdiu como un libro de cociña que legar aos seus fillos e que traballando no proxecto se decatou de que podía interesar a máis xente.

Herrero destacou o celo de Cabadas na mellora das súas receitas ata o último momento e Álvarez a súa ampla traxectoria profesional, ademais de manter que para saber cociñar o primeiro é saber comer.

Cabadas ten tras si unha ampla traxectoria profesional en gastronomía que se iniciou nas cociñas de prestixiosos hoteis e restaurantes de Vigo e Lugo, continuou con outras en Santa Cruz (A Coruña), Santa Cruz de Tenerife, Porto da Cruz e Menorca para seguir polas de Lugo, Menorca, Ponferrada e de novo Lugo, onde creo o seu propio restaurante na estación de autobuses de Lugo, no que estivo vinte anos, para volver despois á dunha marisquería en Foz.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes