Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A artista coruñesa Esperanza Lema Bouzas expón en Madrid unha selección das súas obras pictóricas e escultóricas ata o primeiro de febreiro

A presentación do acto correu a cargo do alcalde de Vedra, localidade na que reside a autora desde hai varias décadas
Madrid, 8 de xaneiro de 2013.-

A delegación da Xunta en Madrid iniciou as actividades do novo ano coa inauguración da mostra da artista coruñesa Esperanza Lema Bouzas. Trátase dunha coidada selección, realizada pola autora, da súa obra pictórica e escultórica que supón un pequeno percorrido pola súa traxectoria creativa.

A presentación do acto correu a cargo de Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra localidade na que reside Lema Bouzas desde hai varias décadas e na que ademais “participa activamente”, en palabras do rexedor da vila. Tamén interviñeron o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez e a propia artista.

“Esperanza Lema, é unha muller admirable”, di o escritor Xosé Neira Vilas no prólogo ao catálogo da mostra, “cuxa obra é un canto vital, un himno de esperanza, como ou seu nome. Unha obra, que é un poema da Galicia eterna e transcendente”, tal e como evocou Jiménez na súa intervención.

A exposición está formada por 42 lenzos e unha decena de esculturas realizadas en pedra, madeira e barro. As pinturas, cheas de luz, cor e matices, ofrecen retrincos de ríos, montañas, pobos e  paisaxes rurais e urbanas cheos de vida, alegría e ou particular prisma da súa visión creadora.

Martínez Carrillo explicou que a artista expuxo en Galicia, outras comunidades, Portugal e Estados Unidos, pero “Esperanza non só está preocupada pola arte, tamén ou está pola súa terra, polas súas xentes, polos seus veciños... É un exemplo de muller galega, nobre, forte, sincera, moi sincera, inquieta, loitadora e xenerosa capaz de sobrepoñerse, desde moi pronto,  ás dificultades da vida”. Nada en Teo, tras ou seu paso por Noia, Santiago e Vigo, instalouse en pleno corazón do Val do Ulla.

Na inauguración presentouse tamén o libro “Lema Bouzas, pinturas e esculturas” editado por diferentes institucións locais provinciais e autonómicas, e que en palabras do alcalde  “é unha obra que empezaba a ser xa unha débeda histórica cunha das nosas artistas máis comprometidas”. Neste sentido “o libro supón poñer ao alcance de futuras xeracións parte da cultura e o patrimonio que supón a obra de Esperanza”. Na publicación colaboraron Neira Vilas, Paula San Vicente, Marica Campo, David Otero, Ariana Fernández Palomo, e coas fotografías de Paco Rocha e do álbum familiar.

Pola súa banda, Esperanza fixo unha intervención moi emotiva, chea de agradecementos, tanto ás persoas como ás institucións que a apoiaron, cunha mención especial a Pedro Guitián, o seu marido e compañeiro desde hai máis de medio século, quen foi o artífice de presentar as súas obras a concursos e solicitar exposicións. “Encántame pintar, pero pásoo moi mal cando expoño e eu non o faría sen el”.

A mostra pode ser visitada ata ou primeiro de febreiro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes