Medios

  • (2848x4288px., 630 Kb.)
  • (2848x4288px., 741 Kb.)
  • (2848x4288px., 794 Kb.)
  • (2848x4288px., 697 Kb.)
  • (2848x4288px., 630 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A delegación de la Xunta en Madrid expón as cerámicas de Manuel Fernández "Lolo" ata o 28 de novembro

A mostra, que leva por título "Sonos en cor feitos con terra", é reflexo das inquietudes do autor: paisaxe, tempo, artesanía e experimentación.
Madrid, 7 de novembro de 2011

Madrid, 7 de novembro de 2011-A Casa de Galicia acolleu hoxe a Inauguración da mostra de cerámica titulada "Sonos en cor feitos con terra" de Manuel Fernández López, "Lolo", (Lugo, 1958). Na exposición que poderá verse ata o día 28 de novembro, Lolo, investigador incansable, ofrece unha selección dos seus traballos que fonden tradición, vangarda, sinxeleza e precisión, reflexo da súa terra e das súas inquietudes: paisaxe, tempo, artesanía e experimentación.

A presentación do acto correu a cargo do coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez e na súa intervención fixo fincapé na palabra artista, "porque para realizar estas pezas que ven vostedes, hai que ter a vocación de transcendencia do artista, ir máis alá do encomiable oficio do oleiro e ter os sonos que ten Lolo, sonos que poboan a súa imaxinación de formas e cores belas e delicadas que sae a cazar coma se fosen bolboretas polos campos da súa terra natal. ¿E pode estar alguén máis arraigado á súa terra que quen afunde as súas mans nas súas entrañas para extraer o barro primixenio, a pasta portadora dos pigmentos que cada vez lle conveñan para pintar os seus sonos de cores, como fai Lolo? "

Lolo inspírase, para as súas obras, ademais de na terra, no ceo galego, "azul ou gris plúmbeo, que sobrevoa a terra cos seus particulares cántaros de nubes e a alimenta e calma a súa sede. Aí, aos ceos de Galicia, mira Lolo para os sonos azuis das súas pezas azuladas”.

Jiménez recordou tamén que "Terra, auga e lume son os tres elementos básicos naturais que dan vida á cerámica, como acertadamente apunta Aurelia Balseiro no prólogo do catálogo que elaboramos para a ocasión. Sí, a cerámica é unha arte ancestral, pero foi necesario esperar á invención do lume, hai uns 80.000 anos, para poder achegar a forza da cocción ás pezas modeladas co fin de que estas puidesen sosterse en pé. Co lume as formas erguéronse, como no seu momento se ergueran os homínidos, iniciando así a súa longa andaina sobre esas famosas dous patas que acabarían por chamarse pernas”.

Pola súa parte,"Lolo",en a súa intervención fixo gala do seu humor tipicamente galego. "Se soubese falar ben, non me dedicaría a mancharme co barro", dixo. Tras os agradecementos, -nos que incluíu a asistencia de "Alejo Outeiro Besteiro, que pertence a unha saga de escultores e artistas queridos e admirados", quixo resaltar o seu gusto polo tradicional, -non en van é coleccionista de pezas tradicionais- e fixo un paralelismo entre o seu proceso creativo co traballo dos agricultores de antano. "Labraban a terra con mimo, dándolle os seus tempos, os seus descansos e miraban moito ao ceo, tanto para ver a hora, o tempo, as fases da lúa... Eu tamén fago iso", comentou.

"As miñas pezas non teñen utilidade, como a olaría, pero cando as fago, son feliz e non fago mal a ninguén... e espero que lles gusten".

Para rematar, tamén o fixo con humor, cun "ata logo, ou.., ata Lugo".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes