"Oportunidades de negocio en África", xornada empresarial organizada por AEGAMA na Casa de Galicia en Madrid

O acto realizouse en colaboración co Instituto Choiseul
Madrid, 17 de outubro de 2016.-

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a Xornada "Oportunidades de negocio en África", organizada por AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid) en colaboración co Instituto Choiseul, co obxectivo de analizar os actuais novos nichos de mercado. Na sesión interviñeron o presidente de AEGAMA Julio Lage, presidente do Consello Social da Universidade Politécnica de Madrid e vicepresidente executivo do Instituto Choiseul; Eduardo Olier, presidente do Instituto Choiseul en España;  e Grace Obado, conselleira do Instituto Choiseul, directora de Africa 2.0, e directora para África do Instituto Choiseul, quen falou das oportunidades que abren algúns países africanos para empresas españolas.

Segundo a información facilitada por AEGAMA, "África, actualmente é un continente en expansión. Moitos países teñen un crecemento económico considerable por encima do 5% do PIB. Aínda así, África, especialmente, o África Subsahariana, é un continente moi descoñecido en España, contrariamente ao que sucede con outros países desenvolvidos, como poden ser Francia, Reino Unido, Estados Unidos e, por suposto, China, que teñen importantes actividades económicas no continente.  Existen países como, por exemplo, Nixeria, Kenia ou Sudáfrica, en forte expansión".

O Instituto Choiseul leva traballando varios anos en África e desenvolveu desde París unha importante actividade de consultoría para empresas francesas. Como proba diso están as análises CHOISEUL 100 AFRICA nas que se identificaron aos 200 executivos novos máis relevantes do continente en tres edicións: 2014, 2015 e 2016. Esta actividade conseguiu establecer unha rede de contactos de alto nivel moi útil para os empresarios. Con este background, Aegama e o Instituto Choiseul España poñen en marcha o primeiro Foro España-África coa presenza de relevantes executivos que combinan experiencia e coñecemento en diversos e variados sectores económicos.

Esta xornada é a primeira doutras que teñen previsto organizar sobre negocios no exterior. A seguinte será o 17 de novembro, co título "Negocios en Oriente Medio".

Máis información en gerente@aegama.com. 

O Instituto Choiseul para a Xeoeconomía e a Intelixencia Económica é un centro de investigación independente dedicado á análise das principais cuestións de política internacional. As súas accións enfócanse á defensa de alcance económico europeo e á estratexia e a promoción dos seus principais actores. O Instituto Choiseul España é a rama do Institutoen o noso país, mantendo, dentro das súas propias actividades, unha estreita relación e coordinación coa casa matriz en París, realizando en particular actividades relacionadas coa Intelixencia Económica. Os valores defendidos polo Instituto Choiseul enmárcanse na responsabilidade individual, os valores democráticos, a libre empresa e a defensa dos intereses nacionais e europeos, considerando o papel fundamental que ostentan os Estados e as institucións públicas no seo da Unión Europea; aos que se engaden as imprescindibles actividades do sector privado e da sociedade civil, claves na formulación e análise das políticas públicas e das relacións internacionais no armazón global do mundo do século XXI.

Máis información en: www.choiseul.es e www.choiseul.info.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes