Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Aegama organiza na Casa de Galicia en Madrid a xornada de formación "´Compliance´ e responsabilidade da persoa xurídica"

Dirixida aos seus asociados e impartida por un deles
Madrid, 8 de xuño de 2016.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) organizou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a xornada de formación para os seus socios "´Compliance´e responsabilidade da persoa xurídica", impartida por un dos seus asociados especialista na materia, Gramm Audit, e presentadas polo seu vicepresidente e responsable de PEMES, Casimiro Masaguer, e presentadas polo seu vicepresidente e responsable de PEMES, Casimiro Masaguer.

Foron relatores os auditores de contas José Carlos Alonso e Julio Sainz Gascón e o avogado e administrador concursal Óscar Gil Borrell, quen explicou que a reforma do Código Penal L.O. 1/2015 puxo de relevo a conveniencia de implantar un manual de prevención de delitos, ou manual de "compliance", coa finalidade de eximir de responsabilidade penal ás persoas xurídicas polos ilícitos penais que poidan cometerse polos empregados e directivos no seo da súa organización.

Nesta xornada déronse a coñecer os requisitos que debe de cumprir o manual de "compliance" e o código de conduta ética tal como regula o artigo 31 bis do Código Penal. Os asistentes tamén puideron profundar, durante o debate, nos cambios de cultura que "necesariamente deben producirse no sistema de organización e xestión das empresas para a prevención do delito".

 

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes