Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Celebrada na Casa de Galicia en Madrid a Xornada empresarial "Oportunidades de negocio en Oriente Medio e países da área"

Organizada pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (Aegama), en colaboración co Instituto Choiseul
Madrid, 17 de novembro de 2016.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia foi escenario esta tarde do desenvolvemento da xornada empresarial "Oportunidades de negocio en Oriente Medio e Países da área", organizada pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (Aegama) en colaboración co Instituto Choiseul, co obxecto de analizar e informar aos empresarios das posibilidades de negocio que ofrece esa área xeográfica. Nela interviñeron o presidente de Aegama, Julio Lage, que tamén é presidente do Consello Social da Universidade Politécnica de Madrid e vicepresidente executivo do Instituto Choiseul; o presidente do Instituto Choiseul en España, Eduardo Olier; e o director adxunto ao presidente do Instituto Choiseul e director da Oficina do Instituto Choiseul en Dubai, Ramsi Jazmati.

Lage fixo unha introdución á xornada, a segunda destas características que Aegama, en colaboración co Instituo Choiseul, organiza na Casa de Galicia, onde xa o pasado 17 de outubro celebrou a denominada "Oportunidades de negocio en África", e presentou a Eduardo Olier. Tamén valorou que a área de atención vive unha importante expansión empresarial, así como o interese de coñecer a opinión dun experto que vive en Dubai.

Pola súa banda Olier fixo unha breve referencia á organización que representa e presentou ao relator, Ramsi Jazmati, español de orixe siria. Jazmati, experto na zona do Instituto Choiseul, foi quen informou sobre o mercado na área xeográfica de Oriente Medio e a forma en que se realizan os negocios nela e respondeu as preguntas dos participantes, na súa gran maioría empresarios membros de Aegama.

O Instituto Choiseul para la Política Internacional y Geoeconomía é un centro de investigación independente dedicado á análise das principais cuestións de política internacional. As súas accións enfócanse á defensa de alcance económico europeo e á estratexia e a promoción dos seus principais actores. Os valores defendidos polo Instituto Choiseul, segundo o mesmo manifesta, "enmárcanse na responsabilidade individual, os valores democráticos, a libre empresa e a defensa dos intereses nacionais e europeos, considerando o papel fundamental que ostentan os Estados e as institucións públicas no seo da Unión Europea; aos que se engaden as imprescindibles actividades do sector privado e da sociedade civil, claves na formulación e análise das políticas públicas e das relacións internacionais no armazón global do mundo do século XXI".

O Instituto Choiseul España é a rama de Choiseul para España, Latinoamérica e Estados Unidos que, cunha visión propia do mundo hispánico e global, complementa as actividades do Instituto Choiseul desde esta perspectiva. Conta entre os seus socios fundadores a "persoas de recoñecido prestixio con ampla experiencia internacional en moi variadas responsabilidades, o que permite enfocar as súas actividades desde un prisma global, tanto nos aspectos económicos como políticos ou culturais. O Comité Editorial que sustenta a elaboración en español das revistas Geoeconomía e de Seguridade Global conta igualmente cun cadro de persoas relevantes, o que permite implementar unha nova visión dos problemas globais desde unha perspectiva hispánica".

Máis información en: gerente@aegama.com, www.choiseul.es e www.choiseul.info.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes