Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Xornada de traballo e formación de EFA Piñeiral de Arzúa na Delegación da Xunta en Madrid

Rapaces da Coruña pasan unha semana na Comunidad de Madrid para coñecer outras iniciativas e experiencias que complementen os seus estudos
Madrid, 12 de febreiro de 2020

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle hoxe a celebración da "XORNADA DE FORMACIÓN EFA PIÑEIRAL DE ARZÚA" na que preto dunha vintena de alumnos de Formación Profesional de "Comercio e Marketing" e de "Panadería e Pastelería" de EFA PIÑEIRAL de Arzúa (A Coruña) coñeceron iniciativas e experiencias de diferentes profesionais que desempeñan o seu traballo en Madrid, co obxectivo de que sirvan de coñecemento, inspiración e posible exemplo para a futura vida laboral dos estudantes.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega deulles a benvida á institución galega "onde tedes a vosa casa", díxolles. "A ver se algún día presentades aquí as vosas creacións. Sería un orgullo para nós".

O coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez e a responsable de Comunicación, Rosa Figueroa explicaron aos estudantes o primeiro epígrafe do programa previsto: "O papel dun gabinete de comunicación institucional. Puente informativo entre colectividades e tecido empresarial e os medios de comunicación" e "As funcións da Casa", entre as que está a de difundir e promocionar na Capital de España "todo o relacionado con Galicia".

Os estudantes tamén puideron coñecer unha iniciativa emprendedora da man do fundador de Murph_media, Román Iglesias. "O papel da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, AEGAMA", a cargo da súa directora Isabel Noriega. "A marca como motor de negocio" (pastelería), por Laura Cardenal e Eduardo Contreras da empresa SELECTRA; e "O poder dunha idea, MOMOC. Empresa de calzado sostible".

Os alumnos viaxaron acompañados pola xefa de estudos e profesora de Informática e comercio electrónico, María Jesús Limés; a profesora de Comercio e márketing, Berta Cobo; e da responsable de proxectos de EFA Piñeiral de Arzúa, Mary Espiñeira.

A xornada na Casa de Galicia enmárcase dentro da "SEMANA DE FORMACIÓN NOUTRA COMUNIDADE AUTONOMA: MADRID" na que os alumnos das EFA visitan diferentes lugares, empresas e instalacións nas que reciben charlas e exposicións que complementen a súa formación como futuros traballadores dos campos seleccionados. Entre as actividades previstas nesta ocasión, (ademais das xa citadas na Casa de Galicia) figuran: Visita ao Palacio Real; Madrid dos Austrias; Catedral da Almudena; Teatro Real e Ópera; Mercado de San Miguel; Praza Maior; Porta do Sol; Visita Técnica á Pastelería de Oriol Balaguer, (mellor Chef pasteleiro da Academia Internacional de Gastronomía 2018. Mellor tenda gastronómica 2008); Visita Técnica a Pan.Delirio, Obradoiro de pan Artesanal; Traballo de investigación (Barrio de Salamanca): Zara + Corte Inglés + restaurante StreetXo (xeadería hnos. Roca); Froitas Vázquez; Visita Técnica: A Real Fábrica; Traballo de Investigación: Mercado de San Antón – Mercado de San Ildefonso – A Tita Rivera; Actividade Cultural: Museo do Prado; Faladoiro Técnico: Estratexias de Venda a Clientes Estranxeiros, O Corte Inglés (Paseo da Castellana); Traballo de Investigación. Zara Castellana; Visita Técnica: Danone; Visita Técnica: Apple (Porta do Sol); Traballo de Investigación: Primark (Gran Vía). Un completísimo programa para os preto de vinte alumnos capaz de combinar visitas profesionais e técnicas sen por iso esquecer as culturais.

As EFA (Escolas de Formación Agraria) son centros de Formación Profesional que contan cun 90% de inserción laboral en máis de 200 empresas acolledoras, grazas á metodoloxía de alternancia aula-empresa. En Galicia hai tres: Na Coruña EFA Piñeiral (Arzúa) e EFA Coristanco; e en Pontevedra, A Cancela (As Neves).

Máis información sobre EFA Piñeiral en https:// pineiral.es/

Máis información sobre EFA en Galicia:

https://www.efagalicia.org/efa/index. php/é/centros-de- formacion-é/ efa- pineiral-é

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes