Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Aegama celebra na Casa de Galicia en Madrid a Xornada "Universidade e empresa"

Sobre a relevancia da formación e a interacción do mundo empresarial e laboral
Madrid, 9 de marzo 2016.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a xornada de traballo "Universidade e Empresa", sobre a importancia da formación para o exercicio profesional e a interacción do mundo empresarial e laboral.

A xornada contou co patrocinio de Abanca e nela participaron: Julio Lage, presidente de Aegama, que presentou a Xornada e ao resto dos intervenientes, Carlos Conde, reitor da Universidade Politécnica de Madrid, Flor Gómez Novoa, directora de Programas da Escola de Negocios Afundación; José Antonio Fernández Ramos, presidente de Sanromán Consultoría e Formación, e Alejandro Segura, director para España de Global Management Challenge. Asistiron un centenar de persoas das que ao redor da metade eran universitarias.

Carlos Conde interveu co relatorio "Novos modelos de relación Universidade-Empresa"; Flor Gómez disertou sobre os proxectos de formación de altos directivos; José Antonio Fernández expuxo sobre as cuestións crave na toma de decisións profesionais importantes, a vocación empresarial e a importancia da innovación e a formación continua, e Alejandro Segura falou de ferramentas de aprendizaxe experiencial e os seus resultados.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes