Medios

  • (2447x3594px., 926 Kb.)
  • (2848x4288px., 1085 Kb.)
  • (2848x4288px., 882 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A relación da Constitución de 1812 coa pedagoxía pecha o simposio que Grugalma lle dedicou no seu bicentenario

Nas súas XXVIII Xornadas de Cultura Galega, prestando especial atención á presenza galaica
24 de maio de 2012

 A relación da Constitución de 1812 coa pedagoxía foi a temática que centrou hoxe o "Simposio en torno ao Bicentenario da Constitución de 1812, con especial atención á presenza galaica" que se celebrou na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid nestes dous últimos días, protagonizando as XXVIII Xornadas de Cultura Galega organizadas polo Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma), que preside o profesor Manuel Mourelle de Lema.

Madrid, 24 de maio de 2012.- A relación da Constitución de 1812 coa pedagoxía foi a temática que centrou hoxe o "Simposio en torno ao Bicentenario da Constitución de 1812, con especial atención á presenza galaica" que se celebrou na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid nestes dous últimos días, protagonizando as XXVIII Xornadas de Cultura Galega organizadas polo Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma), que preside o profesor Manuel Mourelle de Lema.

Esta última xornada estivo dedicada a "A Constitución de 1812, na súa perspectiva actual e a súa relación coa pedagoxía,". Nela interviñeron o pedagogo e escritor Miguel Ángel Puga Martínez, co relatorio "Dimensión pedagóxico da Constitución de 1812: antecedentes e posterior lexislación"; o catedrático da Universidade Complutense de Madrid e autor do "Dicionario Biográfico de España 1808-1833" Alberto Gil Navales, co relatorio "A Constitución de 1812 na súa perspectiva"; e o presidente de Grugalma e autor do libro "A educación segundo G. M. De Jovellanos", Manuel Mourelle de Lema, co relatorio "Jovellanos, membro da Suprema Xunta Central, ideólogo constitucionalista fuxido a Galicia".

Tomando sempre como referencia a Constitución de 1812, a primeira xornada, celebrada o mércores, se centrou en "A súa época e presenza paragalega" e nela interviñeron a avogada dos colexios de Madrid e Valencia María Bernal Sanz, co relatorio "A España de 1812", e o presidente de Grugalma e académico da Real Academia da Historia Manuel Mourelle de Lema, co relatorio "Personaxes ´galaicos", na súa relación coa tramitación e promulgación da Constitución de Cádiz".

Segundo os organizadores destas xornadas, os "nacionalismos españois" "non deixaron contemplar o bosque da contribución á estruturación da España Moderna, conmemorada no seu bicentenario neste 2012, por parte da primeira Constitución ´ut sic ´ da nosa nación que, como antes da unificación isabelina, desaparecera en mans da invasión de Napoleón Bonaparte, un tempo asaz prolongado e fenecido, case ao unísono, coa promulgación daquel memorable ´ corpus ´ lexislativo".

Consideran que "salvo en esporádicos artigos do diario ABC de Madrid, elaborados por membros da Real Academia da Historia, ademais dos fastos celebrados en Cádiz a tal fin organizados polos altos poderes estatais, non se viu nada destacable sobre a ´ Pel de touro ´ " respecto a este tema. Por iso, din, Grugalma propúxose "dende a veneración que se granxearon aqueles prohomes que elaboraron tan meticulosamente aquel texto constitucional, entre os cales houbo presenza galaica, como de case todas as partes da España preconstitucional gaditana", tratar de resaltar nun simposio "esta efeméride dende diferentes prismas", tales como a época, a presenza innovadora da cuestión da educación, a visión do texto constitucional dende a perspectiva actual, "a participación destacable, aínda que colateral en casos, de personaxes relacionados con Galicia" e o papel de Jovellanos.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes