Medios

  • (2848x4288px., 1341 Kb.)
  • (2166x3299px., 950 Kb.)
  • (2253x3628px., 1134 Kb.)

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

A Casa de Galicia acolle as XXVIII Xornadas de Cultura Galega de Grugalma

Desenvólvese nela o "Simposio en torno ao Bicentenario da Constitución de 1812, con especial atención á presenza galaica"
23 de maio de 2012

O Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma), que dirixe o profesor Manuel Mourelle de Lema, iniciou hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid as súas XXVIII Xornadas de Cultura Galega cun "Simposio en torno ao Bicentenario da Constitución de 1812, con especial atención á presenza galaica", que terá continuidade mañá, tamén a partir das 19 horas. Tomando sempre como referencia a Constitución de 1812, esta primeira xornada centrouse en "A súa época e presenza paragalega" e nela interviñeron a avogada dos colexios de Madrid e Valencia María Bernal Sanz, co relatorio "A España de 1812", e o presidente de Grugalma e académico da Real Academia da Historia Manuel Mourelle de Lema, co relatorio "Personaxes ´galaicos´ , na súa relación coa tramitación e promulgación da Constitución de Cádiz".

Madrid, 23 de maio de 2012. - O Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma), que dirixe o profesor Manuel Mourelle de Lema, iniciou hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid as súas XXVIII Xornadas de Cultura Galega cun "Simposio en torno ao Bicentenario da Constitución de 1812, con especial atención á presenza galaica", que terá continuidade mañá, tamén a partir das 19 horas.

Tomando sempre como referencia a Constitución de 1812, esta primeira xornada centrouse en "A súa época e presenza paragalega" e nela interviñeron a avogada dos colexios de Madrid e Valencia María Bernal Sanz, co relatorio "A España de 1812", e o presidente de Grugalma e académico da Real Academia da Historia Manuel Mourelle de Lema, co relatorio "Personaxes ´galaicos´ , na súa relación coa tramitación e promulgación da Constitución de Cádiz".

A xornada de mañá estará dedicada a "A Constitución de 1812, na súa perspectiva actual e a súa relación coa pedagoxía,". Nela intervirán o pedagogo e escritor Miguel Ángel Puga Martínez, co relatorio "Dimensión pedagóxico da Constitución de 1812: antecedentes e posterior lexislación"; o catedrático da Universidade Complutense de Madrid e autor do "Dicionario Biográfico de España 1808-1833" Alberto Gil Navales, co relatorio "A Constitución de 1812 na súa perspectiva"; e o presidente de Grugalma e autor do libro "A educación segundo G. M. De Joveranos", Manuel Mourelle de Lema, nesta xornada co relatorio "Jovellanos, membro da Suprema Xunta Central, ideólogo constitucionalista fuxido a Galicia".

Segundo os organizadores destas xornadas, os "nacionalismos españois" "non deixaron contemplar o bosque da contribución á estruturación da España Moderna, conmemorada no seu bicentenario neste 2012, por parte da primeira Constitución ´ut sic ´ da nosa nación que, como antes da unificación isabelina, desaparecera en mans da invasión de Napoleón Bonaparte, un tempo asaz prolongado e fenecido, case ao unísono, coa promulgación daquel memorable ´ corpus ´ lexislativo".

Consideran que "salvo en esporádicos artigos do diario ABC de Madrid, elaborados por membros da Real Academia da Historia, ademais dos fastos celebrados en Cádiz a tal fin organizados polos altos poderes estatais, non se viu nada destacable sobre a ´ Pel de touro ´ " respecto a este tema. Por iso, din, Grugalma propúxose "dende a veneración que se granxearon aqueles prohomes que elaboraron tan meticulosamente aquel texto constitucional, entre os cales houbo presenza galaica, como de case todas as partes da España preconstitucional gaditana", tratar de resaltar nun simposio "esta efeméride dende diferentes prismas", tales como a época, a presenza innovadora da cuestión da educación, a visión do texto constitucional dende a perspectiva actual, "a participación destacable, aínda que colateral en casos, de personaxes relacionados con Galicia" e o papel de Jovellanos.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes