A Fundación Barrié celebra na Casa de Galicia dúas xornadas de formación sobre Habilidades de Negociación e o taller de Experiencias en Marca e Comunicación Interna

Ambas accións intégranse dentro do programa Máis Social, cuxo obxectivo é promover as sustentabilidade das entidades sociais, a nivel nacional desde 2016
Madrid, 29 de novembro de 2018

Durante dous días, hoxe 29 e manaña 30 de novembro, a Fundación Barrié celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia dúas xornadas de formación, unha sobre desenvolvemento de habilidades de negociación, e a outra un taller de Intercambio de Experiencias en Marca e Comunicación Interna. Ambas accións intégranse dentro do programa Máis Social, da Fundación, que ten como obxectivo promover as sustentabilidade das entidades sociais en Galicia, e que grazas aos excelentes resultados, o formato realízase tamén a nivel nacional desde 2016.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, deu a benvida á coordinadora de Programas de Acción Social da Fundación, Greta Fábregas; ao consultor social e coordinador da Xornada, Carlos Cortés e ao académico en Esade, escritor e conferenciante experto en negociación, Joan Plans; así como a todos os participantes, preto de medio centenar. "Síntanse como na súa casa", díxolles Ónega, "esta institución vai colaborar sempre en accións como as da Fundación Barrié, que fai un labor encomiable".

Desde as 9 horas e durante toda a mañá, máis de 45 profesionais do terceiro sector social de ámbito nacional participaron na Xornada de formación "Como desenvolver para a túa entidade as túas habilidades de negociación", impartida polo académico en Esade, escritor e conferenciante experto nesta materia, Joan Plans, e que se complementou cunha mesa redonda na que tres entidades sociais expuxeron experiencias de negociación que axudan a ilustrar a problemática principal do sector e as claves para axudar a resolver estes retos. Coa exposición de tres casos reais de negociación as tres entidades sociais ilustraron a problemática principal no sector, mostrando exemplos para resolver os retos con éxito. As entidades son: FEDACE (dano cerebral adquirido), coa ponencia "A negociación en políticas públicas/estratexia"; FEDER (enfermidades raras), con "A negociación con empresas en captación de fondos"; e ASPACE (parálise cerebral), "A negociación en comunicación interna e marca entre as entidades que forman a confederación. Esteblecieron un diálogo entre os/ as tres panelistas, entrelazando preguntas da audiencia e achegas do relator.

Esta acción formativa intégrase dentro de Máis Social, un programa da Fundación Barrié, posto en marcha en Galicia no 2011 co obxectivo primordial de promover a sustentabilidade económica das entidades sociais mediante a mellora da súa xestión directiva e estendido a nivel nacional no ano 2016. Na súa aplicación a nivel nacional a Fundación contou sempre coa colaboración da Casa de Galicia en Madrid, entre cuxas funcións está o apoiar, promover e difundir canto estea relacionado con Galicia, a súa cultura, economía, empresa, formación e/ou turismo.

Para mañá día 30, a Fundación programou o "Taller de Intercambio de Experiencias en Marca e Comunicación Interna" que se celebrará, en colaboración con SocialCo, e no que entidades como FEDACE-Federación Española de Dano Cerebral, FEDER-Federación Española de Enfermidades Raras, Asperger España, Fundación Secretariado Xitano e WWF España debaterán e expoñerán as súas experiencias e as solucións elixidas ao redor destas materias.

Esta actividade realízase no marco do proceso de Consultoría, do Programa Máis Social, desenvolto entre 2017-2018 pola Fundación Barrié e dirixido á realización dun plan de acción que axude a mellorar a comunicación interna das confederacións participantes con todas as súas entidades federadas.

Na sesión de mañá intervirán: Greta Fábregas, Fundación Barrié, Coordinadora de Programas de Acción Social; Virginia Moraleda, Social Co, Directora; e Virginia Castrejana, SocialCo, Comunicadora Xefa.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes