Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Asomega crea o seu Comité Estratéxico, formado por relevantes personalidades do campo sanitario e outros

Entre elas, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega
Madrid, 23 de xaneiro de 2017.

A Asociación de Médicos Galegos (Asomega) acaba de constituír o seu Comité Estratéxico, un organismo composto por destacados perfís profesionais, a maioría vinculados ao ámbito sanitario, que servirá de apoio á institución para definir as súas liñas estratéxicas e grandes proxectos desde a cualificación que outorga a traxectoria dos seus membros. Entre eles, destaca a presenza de Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, e a de José Ramón Ónega, delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia en Madrid.

Ademais de por Santalices e Ónega, que mostraron en todo momento un importante compromiso con Asomega, o novo Comité está formado por outros nomes como o Miguel Carrero, presidente de Previsión Sanitaria Nacional (PSN); José María Pino, presidente de Sanitaria 2000; Roberto Conde, director executivo de Nutrición Médica; Carlos Cenjor, xefe do Servizo de Otorrinolaringología da Fundación Jiménez Díaz; Rafael Pérez Santamarina, xerente do Hospital La Paz; e outros profesionais do Medicamento de recoñecido prestixio como José Manuel Pérez Vázquez e Ramón Cadórniga. Con esta composición, Asomega constitúe un órgano que aglutina distintas sensiblidades, desde a vertente política, a xestión hospitalaria ou a visión empresarial, e todo iso desde unha óptica sanitaria incluyente que se ve reflectida na presenza de profesionais vinculados á sanidade pública, privada e concertada.

En palabras do presidente de Asomega, Julio Ancochea, "este é un comité aberto e esperamos seguir incorporando profesionais que poidan sumar a difundir o labor que desenvolve Asomega en todos os seus campos de actuación". Precisamente a institución acaba de inaugurar un ciclo de conferencias que baixo o título Medicina e Humanidades, e organizado da man de PSN, pretende poñer de manifesto a necesaria unión entre a disciplina científica médica e a humanística para un óptimo desenvolvemento da Medicina en beneficio da sociedade.

Asomega está integrada por médicos e persoas dedicadas á sanidade de orixe galega, educación universitaria galega e/ou sensibilidade especial con Galicia. Foi fundada en 1994 e entre os seus fins está o promover a comunicación e relacións interprofesionais e humanas entre todos os asociados, coas universidades de Galicia e en especial coa Universidade de Santiago de Compostela. Anualmente convoca o premio Profesor Nóvoa Santos que se concede a unha personalidade relevante da medicina/sanidade galega ou estreitamente vinculada a Galicia, así como a entrega anual da Insignia de Ouro de Asomega a personalidades doutros ámbitos sociais polo seu apoio á entidade ou o seu labor en favor de Galicia e a súa cultura.

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes