Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

José Ramón Ónega recolle o Premio "Administración Judicial Electrónica 2015", condedido á Dirección Xeral de Xustiza de Galicia

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid representou o Goberno galego no acto de entrega dos Premios
Madrid, 6 de maio de 2015.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, en representación da Xunta de Galicia, recolleu hoxe o Premio "Administración Judicial Electrónica 2015" que lle foi concedido á Dirección Xeral de Xustiza de Galicia. Foille entregado polo secretario xeral da Administración de Xustiza do Ministerio de Xustiza, Antonio Dorado Picón.

Os Premios "Administración Judicial Electrónica 2015" están organizados pola Fundación Socinfo e a revista "Sociedad de la Información"; o seu xurado concedeu quince galardóns este ano e o outorgado á Xunta de Galicia recoñece a súa traxectoria tecnolóxica.

Foron entregados nun acto celebrado na sede da Asociación de Prensa de Madrid e entre os distinguidos con eles tamén figuraban o Departamento de Xustiza da Generalitat de Cataluña, a Viceconsellaría de Xustiza do Goberno de Canarias, o Servizo de Informática Xudicial da Xunta de Andalucía, varios departamentos do Ministerio de Xustiza, o Centro de Estudos Xurídicos, a Audiencia Nacional, a Fiscalía Xeneral do Estado, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Consello Xeral da Avogacía Española e o Consello Xeral de Procuradores de España.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes