Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

O pintor coruñés José Ramón exhibe na Casa de Galicia en Madrid a mostra "A alegría da cor"

Belén do Campo, delegada territorial da Xunta na Coruña, desprazouse ex profeso para a inauguración da exposición
Madrid, 2 de abril de 2014

O pintor coruñés José Ramón inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a exposición "A alegría da cor", acompañado, entre outros moitos, pola delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, que se desprazou ata Madrid para o acto, e o coordinador de actividades culturais da Casa, Ramón Jiménez. A mostra exhibirase nas salas A e L da Casa ata o próximo día 29.

Antes de pasar a palabra a Do Campo, coñecedora da obra e a traxectoria do artista, Jiménez informou de que a mostra está composta por 39 cadros dos que, opinou, "a razón pola que nos gustan tanto" é porque neles "a alma se move con alegría, sen esforzos, con liviandad". Apreciou tamén neles unha celebración e un agradecemento do artista á vida por haberlle permitido recuperar a visión despois dunha enfermidade ocular.

A delegada territorial da Xunta na Coruña se ciñó "ao home, ao amigo, ao veciño, ao artista non como produtor de arte, senón como produtor de sensacións, de reflexos de humanidade e de sentimentos,". "Cando máis escura se facía a súa visión, cando os ocres, azuis e os marróns dominaban a súa obra, de pronto, volve aparecer 'o imposible'. Velázquez segue falándolle, pero a cor dispárase. Descobre un mundo de cor ante a sorpresa de todos, reflexo de que avanza nel unha nova etapa. Trátase dun salto moi importante, que non lle afasta do éxito, máis ben reafírmalle", valorou sobre esta nova etapa de José Ramón, home artístico de José Ramón Iglesias Rivera.

"Non se esquezan, entre lenzo e lenzo, do artista, do home, da súa necesidade de conectar co público, de establecer unha comunicación fluída a través dos cadros. El tan só espera de vostedes unha cousa: que aqueles que entren tristes, saian alegres. Que a psicoloxía da cor funcione", asegurou Do Campo, engadindo que a súa obra "comunica o acento do galego, as súas xentes, o seu ceo, as súas terras... e faino nun sentido amplo, universalizándoo”.

"A súa pintura é universal. Non hai cabida para o localismo na súa obra. Non hai dúbida de que lle inspira o ámbito que lle rodea, pero as súas obras pódense encadrar tanto en Galicia como fóra dela", observou Do Campo, apreciando que "é verdade que o mar, o ceo, os barcos, os paraugas levan implícito o Galicia calidade, pero non como selo excluínte, senón universalizante".

Pola súa banda, José Ramón referiuse ao seu estilo pictórico como o resultado da "fusión dun clasicismo geometrizado coa abstracción, influenciado polo construtivismo".

Explicou tamén que os seus cadros, cheos de luz e de cor, reflicten as súas vivencias, algo que nun momento determinado lle chamou a atención, o seu universo particular. Referiuse así mesmo á cor, elemento esencial nos cadros que se exhiben, observando que "é o que chega, o que impacta, o optimismo e a alegría" e el, dixo, non quere que a xente saia triste da exposición senón ao contrario.

Máis información en www.pintoresgallegos.com/joseramon

 

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes