Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Yolanda López presenta na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o seu poemario "Con el tambor del viento"

A escritora ourensá recitou algúns dos poemas do libro, editado por Huerga&Fierro
Madrid, 5 de novembro de 2015.

A escritora ourensá Yolanda López presentou hoxe o seu último poemario, "Con el tambor del viento", na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, acto no que falou da creación do libro, editado por Huerga&Fierro Editores, e recitou algúns dos seus poemas. Na presentación interviñeron, ademais da autora, a escritora e escultora Pepa Nieto, a editora Charo Fierro, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en nome do delegado da Xunta de Galicia en Madrid/Director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López. O acto estivo amenizado e foi clausurado coa actuación musical do guitarrista Federico Rico e entre os asistentes tamén se achaba Antonio J. Huerga, da editoral.

Jiménez lembrou que Yolanda López xa presentou hai un ano na Casa o que entón era o seu último libro, o premiado "Tántalo", escrito en galego, e observou que nesta ocasión o poemario está en castelán. Tamén resaltou que a autora recibiu numerosos premios literarios.

"Con versos contundentes, de exquisita limpeza e autenticidade, nun libro composto por un conxunto de poemas curtos que poderiamos cualificar dun só poema desde o seu comezo ata o final, e cunha linguaxe extremadamente coidado, Yolanda López vainos aproximando ao seu mundo, un mundo íntimo, reflexivo e profundo, no que nos involucramos facilmente", valorou Pepa Nieto.

Fierro explicou que "Con el tambor del viento" "reúne un conxunto de breves poemas que conforman diversos brillos, iluminando un universo moi persoal, íntimo, erótico e profundo". "Yolanda tece para o lector a súa rica espiritualidade a través de suxestivas metáforas que recorren a límpidos escenarios naturais e perfectamente reconocibles", sinalou.

Pola súa banda, Yolanda López confesou que "este é o libro máis íntimo que escribín. Con versos oníricos, breves, espirituais e dosificando neles algún halo de erotismo. En todos os versos deixo ben patente as miñas raíces, os meus escenarios naturais. O mar, a paisaxe verde son as miñas fontes de inspiración constantes, primeiro enriquécenme e logo o sentido transfórmoo en metáforas poéticas".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes