Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentouse na Casa de Galicia en Madrid o libro ilustrado "Man y Bel", de Ana Asparouhova

Publicado por Sial Pigmalión, ten por protagonistas dous cans grifones
Madrid, 25 de febreiro de 2015

Dous cans de raza grifón son os protagonistas do libro ilustrado "Man e Bel", que se presentou esta tarde na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia. Editado por Sial Pigmalion, está escrito e ilustrado pola artista plástica e deseñadora de moda Ana Asparouhova, que sentiu a necesidade de compartir as súas vivencias persoais cos seus amigos caninos, dirixíndoas "aos amantes do mellor amigo do home, a pequenos e grandes". O libro inclúe breves informes da orixe e singularidades desta raza canina que aparece, entre outros cadros, en "A voda de Arnolfini e Goivanna Cenani" (1434), do pintor flamenco Jan van Eyck.

Ademais da autora, na presentación interviñeron, Charis Mundi, fotógrafa e escritora, Gloria Nistral, escritora, Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalion, e, en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, Ramón Jiménez, coordinador de Actividades Culturais de la Casa. Non puido asistir, como estaba previsto, Pedro Sánchez-Algaba, profesor da Facultade de Veterinaria de Madrid, que enviou un escrito que foi lido polo profesor Antonio Sueiro.

Jiménez valorou que se trataba de "un libro ilustrado que, ademais, nos ilustra moito cos seus textos sobre a raza dos grifones, eses grandes cans presentados no pequeno envoltorio do seu corpo". "Por outra parte os grifones son cans ilustres que pousaron, como auténticos personaxes nobiliarios, para os mellores pintores, véxase a obra 'A bañista do Grifón', de Renoir; ou a máis antiga da que se ten noticia en que aparecen, refírome a 'A voda de Arnolfini e Giovanna Cenani', ou 'O Matrimonio Arnolfini', de Jan van Eyck, datada en 1434", engadiu.

Asparouhova referiuse aos protagonistas do libro, os seus grifones, Man e Bel, que "están en cada páxina coa súa individualidade, coa súa rutina diaria e co seu encanto". "O libro é froito da miña necesidade de compatirlas", confesou. “Son artista de profesión e naturalmente, ante todo apareceron os debuxos. A paternidade do texto confieina ao meu corazón", explicou.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes