Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Vicente Araguas presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa obra "Nos dio por llorar mientras llovía", editada por Lastura

É o primeiro libro de relatos en castelán do escritor coruñés
Madrid, 22 de outubro de 2015.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do primeiro libro de relatos en castelán do escritor e crítico literario coruñés Vicente Araguas, “Nos dio por llorar mientras llovía”, editado por Lastura, xa na súa segunda edición. Interviñeron na presentación, ademais do autor, o escritor e xornalista Alfonso S. Palomares, a directora da editorial, Lidia López Miguel, e, en representación do delegado da Xunta, José Ramón Ónega López, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez.

Jiménez referiuse a Araguas como “un auténtico todoterreo da literatura” e sinalou que “é coñecido desde fai máis de vinte anos nesta Casa sobre todo polo seu quefacer poético” pois coordinou nela ciclos sobre poetas galegos, ademais de presentar a outros escritores así como outros libros seus. Lembrou que Alfonso S. Palomares foi o anterior director da Casa, “entrañable amigo que creou o concepto de Casa habitada ao pensar nas moitas presenzas artísticas que nos rodean”, e felicitou a Lidia López “pola súa valentía ao apostar por un libro de relatos curtos”, xénero do que opina que non ten o prestixio que debería.

Araguas explicou que esta obra “é un armazón presidido polo amor como eixo central. Ben que no seu lado máis amargo, o que fixo dicir a Louis Aragón que non hai amor feliz”, aínda que matiza esta apreciación tan radical cun sentido do humor “que é lanza e trincheira”. Tamén valorou que o libro é “complexo e á vez sinxelo. Como o amor, por certo”.

Palomares afirmou que “este libro de contos de Vicente Araguas está entreverado de poesía e iso nótase”. “Son contos curtos, máis ben retratos que se concentran nun instante que resulta intenso por distintas razóns, no comezo do amor ou do desamor. O amor cóase, en distintas doses, polas rendijas narrativas, pero sen dramatismos, nin caer nos excesos do lodo romántico. Hai un profundo sentido do humor, pero non se trata dun humor ruidoso, é un humor suave, de brión, que che provoca sorriso, máis que a risa”, expuxo. Sinalou tamén que “boa parte das narracións teñen lugar en Neda ou os seus contornos, non en balde Vicente Aragua é de Neda” y que “utiliza distintos métodos ou procesos estilísticos que van desde o realismo ao surrealismo, sen renunciar ao zigzag do esperpento”. Apuntou ademais que “ten algún soliloquio moi logrado como o do cura que colgou os hábitos por amor”.

Pola súa banda, Lida López centrou a súa intervención en agradecer ao público e á Casa de Galicia a súa acollida e destacou a xenerosidade do escritor Vicente Araguas “ao apostar por unha editorial nova e independente para publicar o seu primeiro libro de relatos en castelán”. Resaltou así mesmo que Lastura é unha editorial moi ligada ao mundo galego e que, de feito, conta cunha colección de poesía na que se publica exclusivamente poesía en galego e portugués”.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes