A escritora lucense Celia Castro Fernández presentou na Delegación da Xunta o seu libro "Pintura y fotografía en el siglo XIX. Una aproximación al arte de Dionisio Fierros"

Unha obra editada por Hércules de Ediciones que demostra a estreita relación que existiu entre a pintura e a fotografía no século XIX en España
Madrid, 20 de setembro de 2018.

A escritora lucense e catedrática de Historia da Arte Celia Castro Fernández presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu libro "Pintura y fotografía en el siglo XIX. Una aproximación al arte de Dionisio Fierros", unha obra editada por Hércules de Ediciones que demostra a estreita relación que existiu entre a pintura e a fotografía no século XIX en España e a importancia que esta tivo no proceso creativo de moitas pinturas e fai un percorrido pola pintura e a fotografía do século XIX e, en especial, pola obra de Dionisio Fierros.

Ademais da autora, interviñeron no acto o académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e autor do prólogo Víctor Nieto Alcaide, a editora, Laura Rodríguez Herrera, e o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, que o fixo en representación do delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.

Jiménez expuxo que o nome de Dionisio Fierros "sempre me resultou familiar desde que o seu neto, Dionisio Gamallo Fierros, o extraordinario profesor e erudito natural de Ribadeo, que xa era un home maior entón e quen asistía con frecuencia aos actos que celebrabamos nesta Casa, faláseme de el" e presentou á autora do libro.

A editora destacou "a calidade da obra e o curioso enfoque sobre a relación entre a pintura e a fotografía no século XIX", valorando que este "será do interese tanto do público en xeral como do máis entendido".  "A publicación desta obra pon de relevo unha vez máis o compromiso de Hércules de Ediciones coa cultura galega, xa que aínda que Donisio Fierros non era galego, gran parte da súa produción si se desenvolveu en Galicia, e son moitas as casas particulares e os museos da nosa terra que atesouran algunha das súas obras", sinalou Rodríguez, para quen "foi unha honra traballar man a man coa profesora Celia Castro Fernández na realización dun libro, pero tamén dun soño que ela perseguía desde facía moitos anos".

Nieto Alcaide afirmou que este estudo sobre a relación entre a pintura e a fotografía no século XIX "cobre un espazo que vén demandando ser investigado" e que nese tempo é "imposible o estudo de cada especialidade sen o coñecemento da outra", así como que "ambas xogaron un papel decisivo na creación das imaxes da modernidade". Sinalou así mesmo que "non abundan na bibliografía española estudos e aproximacións dedicados a analizar este problema en relación coa obra dun artista. Por iso é unha gran noticia que unha investigadora como Celia Castro Fernández analizase a obra de Dionisio Fierros". A obra "constitúe unha gran achega ao complexo estudo das linguaxes que configuraron no século XIX un novo concepto da imaxe e un referente do valor interdisciplinar e integrador da Historia da Arte", sostivo.

Pola súa banda, Celia Castro, que proxectou algunhas da pinturas e fotografías que aparecen no libro para expllicar a relación entre ambas as artes, explicou que o pintor Federico de Madrazo, do que foi discípulo e amigo Dionisio Fierros, foi pioneiro na utilización de fotografías como referencias para facer os seus retratos e documentarse. "A fotografía serve para acurtar as sesións de pousado, non así para suprimilas, pois o pintor necesítaas para captar a actitude e a fisonomía do modelo, do que vai realizar varios bosquexos, pero si vai facilitarlle a tarefa permitíndolle concluír antes o seu traballo", precisou.

A autora lembrou que Fierros retratou a personalidades como Isabel II, Amadeo de Saboya, Alfonso XII e María de las Mercedes e que ao longo da súa vida cultivou moitos xéneros pictóricos, ademais do retrato, tales como a paisaxe, a mariña, o bodegón, o cadro de historia e o cadro de costumes. "Pintou incansablemente e de todas as maneiras, desde a monumentalidad do cadro de historia ata a miniatura sobre marfil", "en ocasións sérvese da fotografía como base, pero a partir dela crea e interpreta e as súas obras transcéndena", afirmou, engadindo que "moitos fogares teñen obras súas, pois ter un Fierros era un signo de elegancia e de distinción social".

 

A autora: Celia Castro Fernández (Ribadeo, Lugo).

Estudo? Geografi?a e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en Historia da Arte, realizando as subespecialidades de Historia da Arte Antigo e Medieval e Museologi?a. Exerce a docencia como catedra?tica de Historia da Arte na Escola de Arte e Desen?o Ramo?n Falco?n, de Lugo. Actualmente atópase realizando unha tese doutoral na Facultade de Humanidades de Lugo, sobre Pintura e Fotografi?a no século XIX. É autora do libro "Estudio iconogra?fico e estili?stico dr los capiteles de la Catedral de Mondon?edo". Escribio? ao redor de cincuenta artigos en revistas especializadas —Lucensia, Artesonado, Croa, Rudesindus—, a maior parte sobre arte medieval, pintura galega (Dionisio Fierros, Amando Sua?rez Couto, Benito Prieto Coussent, Maruja Mallo, etc.) e figuras relevantes da sociedade e cultura galegas. Escribiu tamén numerosas críticas de arte e participou na reestruturacio?n e montaxe dos Museos de Lugo, Lourenza? e Cervo. É membro fundadora da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo e da do Camiño do Norte, así como da sociedade Cultural Benito Prieto Coussent.

 

 

 

 

 

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes