Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentado na Casa de Galicia o poemario "Poemas salvajes", de Alfredo Puy

Publicado por Sial-Pigmalión, recolle poemas de varias época do autor
Madrid, 22 de outubro de 2014

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do poemario "Poemas salvajes", de Alfredo Puy, publicado pola editorial Sial-Pigmalión, que recolle poemas escritos nesta e outras épocas do autor. Participaron na presentación, ademais do propio autor, o historiador e escritor Javier Bahamonde Santiso de Ossorio, o xornalista e poeta José María Triper, o presidente da editorial, Basilio Rodríguez Cañadas, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen afirmou que "toda presentación dun texto literario é unha celebración da voz humana". Puy (Granada, 1943) leva 43 anos vivindo en Galicia, onde casou, tivo fillos e impartiu as súas clases. Reside na Coruña e frecuenta Ourense.

Puy explicou que " ´ Poemas salvajes ´ responde a unha íntima lei de amor" que lle emprazou "a obedecer tres concretos sentidos desa forza: un, responde ao aleteo anhelante da miña escritura, unha sorte de leitmotiv nas súas páxinas; outro, atende ao abasto dalgúns taxativos momentos fixados na memoria da vida; o terceiro, estende un prolongado canto emocional ao obxecto de amor que mideo seu sentido poético de home ante a muller amada. Esa lei, informa a intención do libro".

Triper valorou que "a poesía de Alfredo Puy é fresca como o aire da súa Galicia de residencia e acollida, e flúe coa forza dos ríos desa terra de encantos e lendas, aínda que nos deixa tamén suaves toques do cante popular, herdanza das súas raíces andaluzas. É unha poesía que flúe sincera, dende dentro,".

Para Bahamonde, Puy "é un artista total" que transita polas vereas da creación buscando a cor coa súa paleta, o espazo coa súa escultura e o sentido da vida, do amor e da beleza coa palabra, coa poesía,".

Rodríguez Cañadas resaltou que con esta obra Sial-Pigmalion ampla a súa familia galega, que supón aproximadamente o 20 por cento do seu catálogo, composto por ao redor de 700 libros e 500 autores, dos que 100 son galegos.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes