Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Domingo Góas Chao presentou na Casa de Galicia o seu libro "Por qué nunca fui de izquierdas ni nacionalista... pero sí liberal"

Un ensaio no que o autor explica as súas conviccións liberais como froito dunha ampla experiencia en países ideoloxicamente afastados delas
Madrid, 9 de outubro de 2014

O avogado vilalbés Domingo Góas Chao presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seu último libro, "Por que nunca fun de esquerdas, nin nacionalista... pero si liberal", editado por De buena tinta, un ensaio no que o autor explica as súas conviccións liberais como froito dunha ampla experiencia en países ideoloxicamente afastados delas, tanto en América coma en Europa.

Xunto ao autor, participaron na presentación o xornalista e director de Galicia Digital Xulio Xiz, o socio de despacho de Góas e letrado do ICAM Julio Rico Esteban e a coordinadora de Actividades de la Casa Ana Rodríguez, que deu a benvida aos presentadores e observou que o título constitúe en si mesmo o índice do libro, estruturado nas tres partes que enuncia.

Góas Chao explicou que se trata de "un ensaio corolario de vivencias persoais en países onde existían diferentes réximes políticos cuxas vicisitudes foron deixando un pouso que cristalizou nuns postulados firmes, a xeito de apotegmas, que os anos foron consolidando e hoxe nos conduciron a unhas conclusións que obrigan a analizar as forzas sociais no seu conxunto e as ideoloxías que os informan". "Todo iso con sentido crítico ofrecendo potenciais solucións", engadiu.

O autor considera que "o remedio aos agudos problemas da España de hoxe ten que saír do seo do pobo, dunha xuventude que con valor crea en si mesmo e non ceje na esperanza".

Rico Esteban afirmou respecto ao libro "a conveniencia, e case necesidade, de dar a coñecer o seu contido a través das diversas canles dixitais que ofrecen os actuais medios de difusión" e, á vez, "ter en conta as posibilidades de actualizar os seus contidos conforme aos cambios sociais que poidan ir producíndose".

Pola súa banda, Xulio Xiz, falou do libro "como lector sedento que apurei a lectura dunha primeira versión, sendo esta segunda e definitiva máis ampla, rotunda, fervorosa e contundente". "Sendo o local o verdadeiramente transcendente por proximidade, o autor resume a súa experiencia vital, os exemplos que foron producíndose na súa traxectoria persoal e profesional, para chegar a conclusións válidas para calquera lector," indicou sobre a obra.

Xiz, despois de analizar os conceptos "esquerdas" e "dereitas", concluíu que "o autor se encontra nunha posición independente, en terra de ninguén, co difícil que é en política a independencia" e mantivo que "o libro é froito da suba de temperatura socio-político-económica do noso país (quentamento global, en fin), e ten algo de libro de viaxes - polo mundo da política, especialmente- e constitúe un particular ´2 de maio ´ do seu autor, que hai que ler se se ten o que hai que ter: curiosidade, interese, preocupación... polo que acontece a noso arredor".

Domingo Góas Chao (Vilalba, Lugo, 1935) estudou no colexio dos xesuítas de Vigo, licenciouse en Dereito na Universidade Complutense e especializouse logo en Dereito Urbanístico. Foi asesor da Dirección Xeral de Promoción de Turismo no ministerio correspondente e da Comisión Central de Saneamento del Ministerio de Gobernación, ademais de director do Departamento Inmobiliario da Unión Resinera Española, S.A. Ha colaborado en diversos proxectos turísticos en Brasil e Venezuela. Foi o primeiro avogado español que interveu en Estrasburgo ante a Comisión Europea dos Dereitos Humanos contra o Goberno da Confederación Helvética, experiencia que deu lugar á súa obra "Unha aventura europea".

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes