Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Presentado na Casa de Galicia o libro "Relatos de halcones y palomas", do escritor e xornalista Eugenio Feijóo

Editado por Bubok, o libro reúne vinte e dous pequenas "historias da vida mesma"
Madrid, 2 de decembro de 2015.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro “Relatos de halcones y palomas. Historias de la vida misma”, unha obra do escritor e xornalista Eugenio Feijóo editada por Bubok que reúne “pequenas historias” nas que se narran “diferentes tipos de comportamento baixo os conceptos articuladores e xenéricos de ´falcóns´ e de ´pombas´”, no que os primeiros adoptan a lei do máis forte e os segundos un posicionamento pacifista. En total desenvólvense vinte e dúas historias, e seis delas refírense a Galicia ou a personaxes galegos, unha constate na obra deste autor. Os relatos forman tres bloques, referidos ao amor, a empresa e a sociedade, e moitos deles baséanse en situacións, persoas e feitos que o autor viviu de preto.

No acto interviñeron, ademais do autor, el profesor Bernardino M. Hernando, o director da editorial, Sergio Mejías, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López.

Jiménez sinalou que Eugenio Feijóo é “un madrileño que pasou a maior parte da súa nenez na aldea ourensá de Abeleda, a beiras do Sil, na fronteira con Lugo”, lembrou que o seu anterior libro tamén foi presentado na Casa e encomiou a súa mestría como narrador. “As súas historias están magníficamente escritas, cun humor soterrado e contido que proporciona o ton xusto para lelas á distancia de seguridade exacta que se require para gozar comodamente das súas escenas”, valorou.

Mejías explicou como el e os seus socios en Bubok decidiron crear a editorial, procedentes do ámbito da consultoría informática, “un mundo de falcóns” do que decidiron saír, polo que senten un pouco identificados con este libro.

Hernando, profesor de Redacción Xornalística que se presentou como experimentado lector, afirmou que “Relatos de halcones y palomas” é “un libro que se deixa ler con gusto, con moito gusto” e que Eugenio Feijóo “é autor de uso, non de cambio”, entendendo que os primeiros son lidos con pracer e os segundos “serven para o intercambio de vaidades”. “É coma se alguén nos contase nosa propia vida e descrubriéramos no relato matices e aspectos descoñecidos para nós mesmos. É unha experiencia moi interesante pero un pouco inquietante”, dixo respecto da obra. Mantivo así mesmo que “a linguaxe de Eugenio é fluyente, sereno, sen arrumacos desmedidos ao lector, sen fogos artificiais, coa eficacia da sabedoría e sen o relumbrón da prepotencia”.

Pola súa banda, Feijóo apuntou que o amor, a sociedade e a actividade económico-social son as tres grandes referencias. “Se existe un río revolto propicio para a concentración de falcóns ese é o mundo económico, e especificamente o da empresa, pois nesa selva atopan o seu mellor caldo de cultivo”, dixo, apreciando que quizá cargou as tintas sobre os falcóns que describe, polo que advirte no prólogo que “penso que a maioría deles, ou todos, poderían representar un papel de bos se a vida deulles esa oportunidade, e o mesmo xuízo aplico aos bos, aínda que á inversa”.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes