Medios

Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Destacados relatores ilustraron sobre a arbitraxe comercial na mesa redonda "Arbitraxe e competitividade empresarial"

Celebrada na Casa de Galicia e organizada por Aegama en colaboración coa Corte Española de Arbitraxe
Madrid, 5 de marzo de 2015.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), en colaboración coa Corte Española de Arbitraxe organizou a mesa redonda  "Arbitraxe e competitividade empresarial" que se celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, na que se ilustrou os numerosos asistentes, a maior parte deles empresarios, sobre a arbitraxe comercial.

A mesa tivo como relatores a Manuel Conthe, árbitro internacional, de Of-Counsel Bird&Bird Madrid, Antonio Hierro, socio de Cuatrecasas, Gonçálves Pereira Madrid, Jesús María Santos, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Sala do Civil e Penal, Juan Carbajal, socio de Carbajal Abogados & Asesores Madrid, e Pablo Poza, secretario xeral da Corte Española de Arbitraxe. Ademais interviñeron nela Julio Lage, presidente de Aegama, que presentou aos relatores, e José Ramón Ónega, delegado da Xunta da Galicia en Madrid, que lles dió a benvida á Casa.

A xornada proporcionou aos asistentes unha visión experta acerca da arbitraxe comercial e as vantaxes competitivas que pode levar consigo este procedemento de resolución de controversias. Na mesa abordáronse, asuntos esenciais para a práctica arbitral, como a selección de árbitros, criterios sobre independencia e imparcialidade aplicables, o papel dos avogados de empresa, a execución do laudo ou a súa revisión polos tribunais.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes