Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

As afinidades entre a cultura irlandesa e a galaico-portuguesa desde a época celta, obxecto de debate na Casa de Galicia

Con motivo do VIII Encontro de Amigos da Cultura Celta, no que se incorporaron novos membros e Lume de Biqueira interpretou música celta. Os embaixadores de Irlanda e Portugal e o músico Carlos Núñez entre os novos "amigos" do colectivo
Madrid, 11 de maio de 2016

O colectivo Amigos da Cultura Celta, da Asociación Cultural da Enxebre Orde da Vieira, difundiu hoxe o pouso común que a cultura celta ha deixado nas culturas irlandesa e galaico-portuguesa mediante a organización da mesa redonda "Afinidades entre a cultura irlandesa e a galaico-portuguesa desde a época celta", que tivo lugar na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, dentro da celebración do VIII Encontro de Amigos da Cultura Celta. Á exposición seguiu a cerimonia de entrega de atributos a novos membros do colectivo e unha mostra de música celta, con instrumentos atribuídos a esa época, a cargo do grupo Lume de Biqueira.

Na mesa participaron como relatores Antonio Raúl del Toro Santos, director do Instituto de Estudos Irlandeses Amergin, que disertou sobre as confluencias literarias; Ramón Saineiro Sánchez, profesor emérito de Literatura Celta e Irlandesa da UNED, cuxa intervención tratou do ADN irlandés e galico-portugués; Ladislao Castro Pérez, profesor titular de Xeografía e Historia da Universidade de Vigo, especialista en Prehistoria da Península Ibérica, que falou sobre a identidade dos pobos de cultura celta; Pedro Moya Maleno, doutor en Historia e arqueólogo no Departamento de Prehistoria da Universidade Complutense de Madrid, que interveu sobre a relixión e exerceu de coordinador, e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, que deu a benvida a relatores e asistentes como anfitrión do acto e introduciu o mesmo.

Entre o público estaban os embaixadores de Irlanda e de Portugal en España, David Cooney e Francisco Ribeiro, respectivamente, o embaixador Amador Martínez Morcillo, o músico Carlos Núñez e directivos das asociacións galegas en Madrid.

Unha breve intervención de Carlos Núñez, na que afirmou que "o celta funciona e non é pasado senón futuro", e a actuación do músico Abraham Cupeiro cun instrumento que, explicou, recupera a tradición celta, separou a mesa de debate da cerimonia da cerimonia de recepción de novos membros por parte do colectivo Amigos da Cultura Celta, que foron recibidos polos membros do seu Consello, ataviados coa indumentaria que lles identifica e acompañados pola música de Lume de Biqueira.

O coordinador de Amigos da Cultura Celta, José Cerdeira, lembrou brevemente a historia deste colectivo, que celebrou o seu primeiro encontro no ano 2011, e o presidente da Asociación Cultural da Vieira, Enrique Santín, precisou que o colectivo Amigos da Cultura Celta, que integra a reputados especialista en cultura celta de España, Portugal, Brasil, Francia e Alemaña, é o "irmán menor" da Enxebre Orde da Vieira -que este ano cumpre o seu 46 aniversario-, cuxo soporture xurídico é a Asociación Cultural da Vieira.

Os membros que se intregraron no colectivo neste día, nunha cerimonia conducida por José Cerdeira, na que recibiron os correspondentes diplomas de mans do coordinador da Orde da Vieira, Carlos de Blas, foron: os embaixadores de Irlanda, David Cooney, e Portugal, Francisco Ribeiro; os intervenientes na mesa de debate Antonio Raúl de Toro Santos, Ladislao Castro Pérez e Pedro R. Moya Maleno, os músicos Carlos Núñez Muñoz, Abraham Cupeiro e Darío Nogueira González, o doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo Xoán Bernárdez Villar e a avogada e escritora Sara Cantó Pastor.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes