Ónega acudiu ao acto de presentación en Madrid do Museo Vivo de Láncara

MUVICLA é o Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria de Trasliste (Láncara, Lugo)
Madrid, 30 de outubro de 2019

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de España en Madrid foi o lugar seleccionado para dar a coñecer un dos proxectos con máis personalidade do sector da maquinaria agrícola dos últimos anos e que contou coa asistencia do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega, quen acudiu en nome do presidente da Xunta Núñez Feijóo.

O promotor e alma, tanto do acto como do propio museo, é o enxeñeiro técnico agrícola e "labrego", como a el mesmo gústalle definirse, Marcos Vázquez Marey, quen montou MUVICLA na a pequena localidade lucense de Trasliste (Láncara).

MUVICLA é moito máis que un museo de tractores e apeiros de labranza ao uso, pois  trátase dun "museo vivo, dado que todo o que nel se mostra, funciona".

A presentación contou co apoio de membros das diferentes administracións así como de destacados profesionais do sector da maquinaria agrícola a quen Vázquez Marey puido ofrecer a súa visión da agricultura actual, "comer é fundamental e debemos comprender que ou nos adaptamos á nosa contorna ou quedamos expulsados. É inútil seguir vivindo de costas ao medio rural e todos debemos implicarnos", dixo.

"MUVICLA non é ferro e madeira, é un espazo vivo no que todas as máquinas e pezas funcionan e pódense utilizar. "Coa maquinaria agrícola como atractivo para facer reflexionar, queremos transmitir, desde a paixón e o coñecemento, que é a agricultura", destacou Marey. "Esa é a razón pola que está integrado nunha casa de labranza, para facilitar o que cantas persoas o visiten poidan participar nas actividades agrícolas e gandeiras que se desenvolven diariamente", explicou o seu creador, que segue formándose e que ademais preside o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo.

A subdirectora xeral de Dinamización do Medio Rural do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Carolina Gutiérrez Ansótegui foi a encargada de realizar a presentación, tras as palabras de benvida do presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de España, Javier Lorén Zaragozano.

Gutiérrez Ansótegui, contraria ao uso do termo 'España baleirada', puxo esta iniciativa como exemplo para os mozos que desexen apostar polo medio rural e considera que todas as administracións, desde a central ás locais, e mesmo a propia poboación do territorio, han de achegar conxuntamente as solucións para que as zonas máis despobladas do país teñan saídas.

No acto tamén se celebrou a mesa redonda 'Entender o pasado, mellorar o futuro', na que se deron as claves de como afrontar o despoboamento das zonas rurais e tamén a influencia da mecanización. Na mesa, moderada por Javier Lorén, participaron: o membro do Fondo Galego de Garantía Agraria, Miguel Ángel Viso Diéguez; o secretario xeral de Ansemat, Ignacio Ruíz Abad; o exdirector de Same Deutz-Fahr Ibérica, Eloy Galván García; e o secretario xeral de AESSGAN. Manuel Lage.

"Para reter á poboación nos pobos debe haber servizos e para iso é necesario que outros sectores produtivos tamén miren cara ao medio rural para facelo atractivo", apuntou Miguel Ángel Viso, tamén senador por Ourense. "Para pedirlle á poboación que siga nos pobos ha de ser rendible vivir neles e para os que lexislamos debemos facelo sempre desde o coñecemento do medio rural".

Noutro momento do acto o presidente do "Club de Memoria Agrícola da Mancha", Isidro Sánchez, fixo entrega dunha distinción con motivo do centenario do empresario Eduardo Barreiros, a Manuel Lage como representante de Barreiros, e a Vázquez Marey polo labor de "conservación do patrimonio industrial agrícola" xa que o museo conta cun tractor Barreiros en prefecto estado.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega foi o encargado da clausúra destacando nas súas palabras a "valiosa achega de Marcos Vázquez Marey, exemplo do galego emprendedor e inspiración para outras iniciativas que poidan dinamizar os nosos pobos. Oxalá houbese moitas así. Sería fantástico".

 

Máis información: http://muvicla.tourmake.me/

 

Departamento: Prensa

Compárteo:

Facebook Twitter

Imaxes